Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) para a creación da ordenanza especial número 6 (OE-6). Xoán XXIII-Universidade.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 26 de xullo de 2002, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) para a creación da ordenanza especial número 6 (OE-6)-Xoán XXIII-Universidade, redactada polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 244, do día 24 de outubro de 2002, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde