Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Oroso anuncia a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da obra denominada proxecto de pavimentación e asfaltado

de infraestructuras viarias, incluída no Plan XXI de infraestructuras locais de transporte e de travesías municipais 2002.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é a contratación da obra, denominada proxecto de pavimentación e asfaltado de infraestructuras viarias, incluída no Plan XXI de infraestructuras locais de transporte e de travesías municipais 2002.

b) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso, de acordo cos pregos de cláusulas administrativas particulares aprobados polo Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP nº 205, do 6 de setembro de 2002.

4. Orzamento de licitación.

O orzamento de licitación total previsto para o contrato é o de 152.952,28 euros (IVE incluído).

5. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 12 do anexo III do prego se condicións aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicado no BOP nº 205, do 6 de setembro de 2002.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello en horario das 9 ás 14 horas, ou a través de calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. Apertura de proposicións.

En acto público, ás trece horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (se coincidise en sábado trasladaríase o primeiro día hábil seguinte).

8. Gastos de anuncios.

A cargo do adxudicatario.

Oroso, 14 de outubro de 2002.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde-presidente