Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación de Asociaciones de Comerciantes de Vigo (Fecovi).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación de Asociaciones de Comerciantes de Vigo (Fecovi), que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: área metropolitana de Vigo.

Profesional: serán membros de Fecovi todas aquelas asociacións que teñan idénticos fins que a dita federación e que soliciten a súa entrada nela.

Asinan a acta de constitución: José Pablo Salvadó Alonso e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 17 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra