Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 17 de outubro de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 2000/001030-1 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido están a disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2000/001030-1.

Denunciado: Francisco Javier Núñez Barreras.

DNI: 32798265-N.

Enderezo: Beiramar, 7-1º B Perillo Oleiros.

Precepto infrinxido: 5.3º.

Sanción: 0 euros.

Resolución: estimatoria anulando a resolución.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000228-1.

Denunciado: Ángel Pablo Pedreiro Prieto.

DNI: 32649468-W.

Enderezo: Entrerríos, 15 -3º A Ferrol.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 150,26 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000330-1

Denunciado: Juan Miguel Valencia García.

DNI: 32684998-C.

Enderezo: avda. Das Pías, 22-24 esq. Fene.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 180,30 euros.

Resolución: recurso non admitido.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000592-1.

Denunciado: Alberto Sar Barrientos.

DNI: 76366102-F.

Enderezo: Matadoiro, 24 Muxía.

Precepto infrinxido 6.8º, 6.14º.

Sanción: 300,52 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

A Coruña, 17 de outubro de 2002.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS