Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. en polígono de Sabón, 5 A-B.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kVbaixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 110 m de lonxitude, coa orixe na liña aérea denominada Yepes e final no C.T.C. en parcela 5 A-B, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en parcela 5 A-B do polígono de Sabón. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do
día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 30 de setembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña