Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/31-2, 5813 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: desvío instalacións eléctricas en Oural.

Situación: Sarria.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,126 km de lonxitude conductor tipo LA-110 con orixe en P-1 proxectado da L.M.T. Ourol-Monforte e final en P-2 existente da L.M.T. Ourol-Monforte. L.M.T. aérea a 20 kV de 0,058 km de lonxitude conductor tipo 2 LA-110 con orixe en P-1 proxectado da L.M.T. Ourol-Chantada e final en P-2 existente da L.M.T. Ourol-Chantada. L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,26 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe en apoio proxectado L.M.T. Ourol-Chantada-Monforte e final en apoio existente L.M.T. Ourol-Sarria.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 30 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo