Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación do seguinte contrato administrativo.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Adxudicatario: Estación de Autobuses Pobra do Caramiñal, S.L.

Canon mínimo: 4.510 euros anuais.

Prazo de adxudicación: 25 anos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación

desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados de igual xeito. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición, de se ter interposto este.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes