Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a declaración de deserto do concurso de construcción dunha praia de estacionamento de vehículos en superficie no concello de Ribadeo (Lugo).

O secretario xeral, actuando por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, con data do 11 de outubro de 2002 resolveu declarar deserto, por falta de licitadores, o concurso de construcción dunha praia de estacionamento de vehículos en superficie no concello de Ribadeo (Lugo).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación ou publicación desta resolución; ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados de igual xeito. En todo caso, e de se ter presentado, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

O que se fai público para os efectos do prevido no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes