Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.861

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/064 de profesor titular de escola universitaria convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 01/064, convocada por Resolución do 20 de outubro de 2001 (BOE do 26 de outubro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 21 de outubro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: dereito civil.

Praza nº 01/064.

Comisión titular:

Presidente: Pérez Álvarez, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Blanco González, Aurelia, profesora titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Fisac de Ron, Mª Paloma, catedrática de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Ramos Maestre, Áurea, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Alicante.

Marqueño de Llano, Marina Inés, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Extremadura.

Comisión suplente:

Presidente: Pena López, José María, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Rodríguez Escudero, Victoria, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Vocais:

Suárez González, Carlos, catedrático de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.

Arellano Gómez, Francisco J., profesor titular de escola universitaria. Universidade de Huelva.

Ortigosa Villen, José Miguel, profesor titular de escola universitaria. Universidade das Palmas de Gran Canaria.