Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.861

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2002 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencia política e da administración, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, a Laura Román Masedo.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 10 de outubro de 2001 (BOE do 26 de outubro), para provisión da praza número 01/061 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencia política e da administración, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, desta universidade, a favor de Laura Román Masedo, e unha vez que a interesada acreditara os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Laura Román Masedo, profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencia política e da administración, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración desta universidade.

A Coruña, 21 de outubro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña