Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía nº 4639/2002, do 20 de setembro, aprobouse o expediente administrativo xunto co prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da xestión do servicio denominado concesión da xestión da escola infantil municipal das Galeras, en Bastiagueiro.

Publicouse o anuncio da licitación no DOG nº 197, do 11 de outubro de 2002.

A través do presente anuncio exponse ó público a modificación do prego de cláusulas administrativas particulares aprobada por decreto da Alcaldía nº 5163/2002, do 25 de outubro, no referente á cláusula XVII. Mesa de contratación, a cal queda redactada do seguinte xeito:

«XVII. Mesa de contratación.

A mesa de contratación estará constituída por: o presidente da corporación que actuará como presidente, tódolos concelleiros que integran a Comisión de Goberno, un concelleiro do Partido Popular, un concelleiro de PsdeG-PSOE, un concelleiro do BNG, o interventor do concello, a secretaria do concello e dous técnicos designados pola Alcaldía».

O que se publica para xeral coñecemento, en Oleiros o vinteoito de outubro de dous mil dous.

Esther Pita Pita

Alcaldesa