Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-455).

Por resolución desta Alcaldía 4947/2002, do 11 de outubro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono I da UE nº 2, en Cividáns-Serantes, tramitado pola xunta de compensación.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 21 de outubro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta