Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 35/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: 2 equipos de preparación de mostras para o Servicio de Microscopía Electrónica.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número:-.

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 240.400 euros, IVE incluido.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Areal, 46, edificio anexo ó rectorado, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 981 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal, 46, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 30 de outubro de 2002.

P.D. (Resolución 14-6-2002)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo