Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación do contrato que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 504/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de prevención nas especialidades de hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo.

b) Lugar de execución: Universidade de Vigo.

c) Prazo de execución: un ano de conformidade co indicado no punto 6 da FRC do prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 123.000 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Areal, 46, anexo 3º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de bases.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de bases.

c) Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal 46, edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 30 de outubro de 2002.

P.D. (Resolución 14-6-2002)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo