Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Fomento do Emprego, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0008661/2002 e.m., interposto polo sindicato Unión Xeral de Traballadores de Galicia-UGT.

A Dirección Xeral de Fomento do Emprego recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 03/0008661/2002 e.m., interposto polo sindicato Unión Xeral de Traballadores de Galicia-UGT contra a Orde do 5 de xullo de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2002 do programa de axudas á contratación de traballadores con discapacidade, publicada no DOG nº 136, do 16 de xullo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Justo de Benito Basanta

Director xeral de Fomento do Emprego