Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador de residuos re-

lacionado no anexo e de referencia OU-35/02-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, e sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 15 de outubro de 2002.

P.A.

Rita Sarria Hermida-Cachalvite

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 35/02 RE.

Denunciado: Salvador Arnau Figueras.

DNI: 37635324-X.

Último enderezo coñecido: Santa Paula, nº 20, Granada.

Feito probado: queimar pneumáticos.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.3º B) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 150,21 euros.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE