A Dirección Xeral de Fomento do Emprego recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-adminis
trativo número 03/0008662/2002 e.m., interposto polo sindicato Unión Xeral de Traballadores de Galicia-UGT contra a Orde do 5 de xullo de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2002 do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, publicada no DOG nº 135, do 15 de xullo.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.
Justo de Benito Basanta
Director xeral de Fomento do Emprego