Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

O Concello de Vilamarín, no Pleno que tivo lugar o día 30 de setembro de 2002, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, transcribíndose a continuación, na súa parte dispositiva, o acordo adoptado:

O Concello Pleno, despois dun cambio de impresións, por nove votos a favor, que representan o voto favorable da maioría absoluta legal dos membros da corporación, e dúas abstencións dos concelleiro do BNG, acorda:

Primeiro.-A aprobación definitiva do PXOM, segundo o texto refundido elaborado polo equipo redactor, coas correccións e rectificacións ordenadas pola CPTOPV (Dirección Xeral de Urbanismo), nos informes do 21-5-2002 e 19-9-2002 e coa incorporación ó texto refundido do PXOM da corrección dos límites municipais de Vilamarín co termo municipal de Amoeiro (na Zarra de Bóveda).

Segundo.-Publicar este acordo, xunto co texto íntegro da normativa e das ordenanzas no BOP.

Terceiro.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Adminis

trativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Pódese, sen embargo, interpor, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes.

Non obstante, pódese interpor calquera outro recurso que se considere procedente.

Vilamarín, 7 de outubro de 2002.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde