Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. 1 do PERI 5 Paradela 1 (expediente 4196/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 1 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. 1 do PERI 5 Paradela 1-Teis, promovido por David Novoa García, con memoria e planos asinados polos arquitectos Javier Pena e Luis Sáez, visado polo COAG nos días 11-2-2000, 16-3-2000, 12-5-2000 e 16-6-2000 (expediente 4196/401).

Segundo.-No que se refire á zona lindante coa estrada nacional 552, antes da aprobación definitiva do proxecto de urbanización deberá presentarse un estudio xustificativo do cumprimento da orde ministerial do 16 de decembro de 1997, e demais normativa técnica de aplicación ás estradas estatais. Solicitarase tamén da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a emisión dun novo informe ó respecto.

Terceiro.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, con notificación individualizada do contido íntegro deste acordo a tódolos propietarios do polígono e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado

desde o día seguinte da derradeira publicación. O expediente está a disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 5 de setembro de 2002.

Carlos González Príncipe

Alcalde-presidente accidental da Xerencia

Municipal de Urbanismo