Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Sada.

2. Obxecto do contrato.

Subministración dun vehículo para a Policía local mediante o sistema de renting. Prazo: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 38.832 A.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: D. Contratación-casa do concello.

b) Data límite de obtención de documentos e información e data límite de presentación de ofertas: durante os quince días naturais seguintes ó da última inserción do anuncio de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

-Calquera das formas establecidas no artigo 16 do TRLCAP.

-A solvencia técnica xustificarase achegando mostras, descricións e fotografías do vehículo que se vai subministrar.

8. Gastos de anuncios: 1.250 A.

9. Anuncio extenso publicado no BOP.

Sada, 27 de outubro de 2002.

José Emilio Gómez López

Alcalde en funcións