Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno desta Corporación, en sesión do día 3 de outubro de 2002, o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no solo urbanizable da estrada de Castro, neste municipio, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de alegacións, de conformidade có disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Outeiro de Rei, 7 de outubro de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde