Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación definitiva das bases e estatutos do polígono H10.02 (rúa Abegondo) do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 27 de setembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola comisión xestora do polígono H10.02 rúa Abegondo do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo: ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se envía, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a César Pérez Maldonado como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Terceiro. designar como representante municipal no órgano rector da xunta a xefa de Xestión no Servicio de Urbanismo, Berta Rosón López.

Cuarto: requirir da comisión xestora e, no seu nome, de César Pérez Maldonado que ingrese na Caixa Municipal, en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, a cantidade de 207,55 (douscentos sete con cincuenta e cinco) euros.

Quinto: requirir da comisión xestora que presente estudio de detalle que conteña o reaxuste das aliñacións do plan xeral de acordo coa realidade física, como requisito previo á aprobación do proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 3 de outubro de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda