Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, no exercicio das atribucións que lle foron delegadas, o proxecto de urbanización de rúa de acceso a catro vivendas unifamiliares adosadas, perpendicular á travesía do Matodoso, en Castro de Ribeiras de Lea, na sesión ordinaria do día 4 de setembro de 2002, presentado pola empresa Promociones Villamarín Fernández, S.L. De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, exponse ó público durante un mes, contado a partir do día seguinte ó da data de publicación do derradeiro dos anuncios inseridos no diario El Progreso de Lugo e no DOG. O expediente poderá examinarse nas oficinas municipais, durante o dito prazo e, se é o caso, formularse mediante escrito dirixido á Alcaldía ás alegacións que se estimen pertinente.

Castro de Rei, 4 de outubro de 2002.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde