Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMARIÑAS

ANUNCIO.

Convócanse probas selectivas para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario de carreira incluída na oferta de emprego desta corporación para 2002, con suxeición ás bases aprobadas por resolución da Alcaldía de data 1 de outubro de 2002, que a continuación se transcriben:

Bases para a provisión en propiedade polo procedemento de concurso dunha praza de técnico de xestión económico-financeira incluída na oferta pública de emprego para 2002.

1. Obxecto da convocatoria: a provisión, polo procedemento de concurso, dunha praza de técnico de xestión económico-financeira, incluída na oferta de emprego público para 2002, e encadra na escala de Administración especial, subescala: servicios especiais, clase: técnico medio e categoría de técnico de xestión económica financeira, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo B do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretandos na correspondente relación orzamentaria.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios da casa do concello, anunciándose un extracto da mesma no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse só no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de anuncios.

2. Requisitos dos aspirantes: os aspirantes terán que reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser de nacionalidade española.

b)Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder daquela na que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade.

c) Estar en posesión do título de diplomado universitario ou ter superado, na data en que finalice o prazo de presentación de instancias para tomar parte na presente convocatoria, os tres primeiros cursos das licenciaturas de ciencias económicas ou empresariais.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin estar incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade para o exercicio de funcións públicas.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

Os requisitos anteriores deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de instancias.

3. Solicitudes: as instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas dirixiranse ó señor alcalde e presentaranse no rexistro xeral da corporación,

ben directamente, en horas de 9 a 14, ou ben na forma establecida na Lei 30/1992, durante o prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Nas instancias os aspirantes farán constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2ª, e achegarán inescusablemente os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Relación dos méritos que aleguen e os documentos xustificativos correspondentes, en orixinal ou fotocopia autorizada por fedatario público, pois non se tomarán en consideración aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento da presentación da instancia.

c) Xustificante do abaomento da cantidade de 20 euros, en concepto de dereitos de exame.

4. Admisión de aspirantes: para ser admitido á selección bastará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 2ª.

Finalizando o prazo de presentación de instancias, a alcaldía aprobará no prazo dun mes as listas de admitidos e excluídos, que se farán públicas no BOP e no taboleiro de edictos do concello, con indicación do prazo de emenda que, nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992, se concede ós excluídos, determinando lugar, data e hora de comezo dos exercicios e designación do tribunal cualificador.

5. Tribunal cualificador: o tribunal cualificador estará composto polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

-Vocais:

-Un representante da comunidade autónoma.

-Un funcionario de habilitación nacional designado pola presidencia.

-Un técnico na materia desigando pola presidencia.

A alcaldía designará así mesmo suplente para cada un dos membros do tribunal, a composición do cal farase pública conforme dispón a base anterior.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, cando menos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal queda facultado para resolver tódalas cuestións que se susciten e para adopta-las medidas pertinentes para o mellor desenvolvemento da convocatoria en todo o non previsto nas presentes bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte del e de intervir, notificándoo á autoridade convocante, e os aspirantes poderán recusalos, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992.

Para os efectos de indemnizacións por asistencia ós membros do tribunal, este terá a categoría segunda das establecidas no Real decreto 406/2002, do 24 de maio.

6. Valoración de méritos: o concurso consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polos aspirantes segundo o seguinte baremo:

A) Experiencia profesional:

1. Por cada mes de servicios prestado en praza ou posto reservado á subescala de intervención-tesourería de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, 0,05 puntos por mes.

2. Por cada mes de servicios prestados en praza ou posto reservado á subescala de secretaría-intervención de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, 0,03 puntos por mes.

3. Por cada mes de servicios prestados á Administración local, en praza ou posto dos grupos A ou B, con funcións referentes á xestión económico-financeira: 0,01 puntos por mes.

Non se computarán servicios por períodos inferiores a un mes, considerándose tódolos meses de trinta días. A puntuación total por servicios non poderá exceder de 6 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificación expedida polo secretario do concello ou entidade local onde se teña prestado os servicios.

B) Por estar en posesión de titulación superior á esixida, relacionada coas funcións da praza: 2 puntos.

C) Coñecemento acreditado do idioma galego:

1. Curso de iniciación: 0,5 puntos.

2. Curso de perfeccionamento: 1 punto.

Acreditarase este mérito co certificado oficial da Xunta de Galicia e só se puntuará o curso de más alto nivel en caso de posuír ambos.

D) Por participación en cursos de formación e perfeccionamento en materias directamente relacionadas coas funcións e actividades do posto, ata un máximo de 6 puntos:

1. Por cada curso de más de 100 horas: 1 punto.

2. Por cada curso de 40 a 100 horas: 0,80 puntos.

3. Por cada curso de 20 a 39 horas: 0,30 puntos.

4. Por cada curso hasta 19 horas: 0,10 puntos.

O tribunal ten facultade para resolve-las dúbidas que xurdan na aplicación dos criterios de valoración fixados e para adopta-los acordos que correspondan

en relación cos supostos non previstos nas presentes bases.

7. Cualificación: a puntuación e a orde de cualificación definitiva dos aspirantes virá determinado pola suma dos puntos obtidos na valoración. Nos casos de empate prevalecerá a puntuación obtida polos servicios do punto A.1.

O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas, polo que se declarará aprobado o aspirante que obtivera a maior puntuación.

As cualificacións faranse públicas no taboleiro de edictos do concello no mesmo día en que se acorden.

8. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento: finalizadas as probas, o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación e elevará a dita relación, xunto coa acta da última sesión, á presidencia da corporación para que efectúe o correspondente nomeamento.

O aspirante seleccionado deberá presenta-la documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 2ª no prazo de vinte días naturais a contar desde o seguinte ó de publicación da relación de aprobados.

O que fixera vale-la súa condición de minusvalidez deberá presentar certificado expedido polo órgano competente acreditativo de tal condición e xustificativo da compatibilidade dela co desempeño das tarefas e funcións correspondentes á praza.

O que tivera a condición de funcionario público estará exento de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo só presentar certificación da Administración pública da que dependa acreditando tal condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

Se dentro do prazo indicado, e salvo causa de forza maior, o aspirante proposto non presentara a documentación, ou non reunira os requisitos esixidos, non poderá ser nomeado e quedarán anuladas tódolas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera incorrer por falsidade.

Aprobada pola presidencia da corporación a proposta de nomeamento, o aspirante nomeado deberá tomar posesión no prazo dun mes a contar desde o seguinte ó de notificación do nomeamento.

9. Recursos: a presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Camariñas, 2 de outubro de 2002.

Juan Bautista Santos Ramos

Alcalde