Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABADÍN

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión Municipal de Goberno deste concello os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de construcción da casa do concello 4ª fase, expoñéndose ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde a inserción deste anuncio no BOP e no DOG para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Declarada a urxencia do procedemento de contratación, de conformidade co establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000 e 322 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, e con base no disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo citado, anúnciase ó mesmo tempo que os pregos de cláusulas administrativas particulares a licitación das obras, que quedará aprazada, se houbese reclamacións, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Abadín.

2. Obxecto do contrato: construcción da casa do concello, 4ª fase.

3. Lugar de execución: Abadín.

4. Prazo de execución: tres meses.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Orzamento base de licitación: 195.329 euros.

7. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Abadín.

b) Localidade: Abadín.

c) Código postal: 27730.

d) Teléfonos: 982 50 80 21.

e) Fax: 982 50 80 51.

f) Data límite de obtención de documentación: último día de presentación da documentación.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: deberase acreditar de conformidade co sinalado nos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000.

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite da presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da inserción deste edicto no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 13 dos pregos.

c) Lugar de presentación: Concello de Abadín.

11. Apertura das ofertas: o seguinte día hábil a aquel en que finalice o prazo de presentación das proposicións abrirase a documentación xeral. Se é sábado, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura das proposicións, coas melloras e oferta económica realizarase o sexto día hábil contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral. Se é sábado, realizarase o seguinte día hábil.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Abadín, 30 de outubro de 2002.

José María López Rancaño

Alcalde