Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Balbina número 4140, da provincia da Coruña, e promovida por Ramilo, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Balbina nº 4140, sita en terreos do concello das Somozas, provincia da Coruña, e solicitado por Ramilo, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Industria e Comercio, e Medio Ambiente correspondentes, así como no Concello das Somozas, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas