Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Enviroil Galicia, S.A. e a empresa Unitec Técnicas Unidas, S.L. denominado P.E.E. Enviroil-Unitec.

Examinado o expediente instruído por instancia de Enviroil Galicia, S.A. con domicilio para efectos de notificacións na r/ Cánovas del Castillo, 4-2º, 36202 Vigo, sobre aprobación do P.E.E. Enviroil Galicia e de Unitec Técnicas Unidas, S.L. con domicilio para efectos de notificacións na r/ Enrique Mariñas nº 24, 15009 A Coruña, sobre aprobación do P.E.E. Unitec, esta consellería ten en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 25 de outubro de 2000, Amador Federico Castro Millarengo, no nome e representación de Enviroil Galicia, S.A., solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Enviroil Galicia, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo-Con data do 13 de abril de 2000, José Ramón Álvarez Arnau, no nome e representación de Unitec Técnicas Unidas, S.L. solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Unitec, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro-A petición de aprobación do plan eólico estratéxico de Enviroil Galicia, S.A. someteuse a información pública pola Resolución do 30 de maio de 2001, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita resolución foi publicada no Boletín Oficial del Estado do 12 de xuño de 2001, e no Diario Oficial de Galicia do 13 de xuño do mesmo ano.

As características principais do P.E.E. Enviroil Galicia que foron sometidas a información pública son:

ÁreaParqueProvinciaTermo municipalCoordenadas

XY

1Coto RedondoLugoMuras1606986.154815581.79
2613300.934815502.34
3611562.154811876.64
4607032.284812094.63

2-AMonte San FernandoLugoTrabada, Ribadeo1643092.814820098.59
2654429.444820098.59
3654429.444814106.81
4651960.464811992.06
5647879.104811992.06
6649038.004815566.99
7643092.314815566.99

2-BPena de OrreaLugoTrabada, Lourenzá1639968.304815566.99
2649038.004815566.99
3646921.744809222.74
4639968.304809323.45

ÁreaParqueProvinciaTermo municipalCoordenadas

XY

2-CPena do PorcoLugoLourenzá, Riotorto, A Pontenova1638960.564809222.74
2646905.224809222.74
3646921.744800109.18
4639010.944800159.54

3Alto do LendoA CoruñaArteixo, A Laracha, Carballo1520122.654794174.04
2537587.814800668.05
3541356.114793465.45
4536189.574789700.26
5528992.934788069.63
6523863.154789263.56
Monte de EiraA CoruñaCarballo7523863.154791599.88

4Montes de PeñaA Coruña Monfero1578308.844801272.28
2584810.054801115.74
3585045.034790001.15
4589979.694790079.42
5589509.724783191.51
6578935.464783113.23
Montes de BuñoLugoGuitiriz7578935.464789140.16
A CoruñaAranga8578595,914795714.21

5Montes de CarballosaLugoVilalba, Guitiriz, Begonte1596695.694790947.18
2609451.804790947.18
Monte RedondoLugoGuitiriz, Vilalba3609451.804781083.45
Pena da CruzLugoBegonte4596695.694781083.45

6-ACoto FradesLugoA Pontenova, A Fonsagrada1652630.484799255.09
2657509.754799255.09
3659790.594786898.37
4656327.874787551.19
5656327.874789541.63
6653517.014794288.86
7652630.484794288.86

6-BCruz de BarreirosLugoFonsagrada, Pontenova1649187.194794288.86
2653518.014794287.18
3656327.874789541.63
4656327.874787551.19
5648629.734787551.19

7Cruz da RapadoiraA CoruñaFisterra1478615.334762544.64
2483160.004762385.29
3484754.624760951.16
4484674.894750912.24
Alto de TobaA CoruñaCee5478296.414747247.24
6475107.174747565.93

8Fonte do EspiñoA CoruñaTordoia, Carballo, Val do Dubra1527034.034766180.26
2527184.114772329.01
3535288.274776603.15
4541141.284776828.10
Monte ForcaA CoruñaTrazo, Val do Dubra5542041.744781477.16
6547369.484780277.40
7551986.154786096.38
8554273.024783051.84
PedrouzoA CoruñaTordoia9543542.514777877.89
10537839.584757032.11

9Montes de BarroA CoruñaA Baña1515495.634765518.92
2527166.484765753.74
3527871.434751821.36
4515652.284751821.36

10Monte O BoceloA CoruñaToques, Sobrado, Melide, Boimorto1571986.154765096.38
2585146.624766032.88
3585230.394758498.99
4577098.114751464.90
5568290.324757383.14

11Santa MariñaLugoPalas de Rei1583315.454744750.52
2593338.114756283.51
3593034.404761139.50
4597742.014760987.75
5597742.014744750.52

12Monte da MarrondaLugoBaleira1639852.454779672.51
2648963.964779672.51
Serra de PozoLugoBaleira3649267.684762980.03
BieiraLugoA Fonsagrada, Baleira4645167.504742645.55
Serra do Picato e Montes de UceiraLugoCastroverde, O Corgo, Baralla5638030.154743100.80
6636359.704756910.04
7639548.734773906.01

13Monte XiabrePontevedraCatoira, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa1519253.624723658.54
2527740.304723658.54
3527740.304717732.34
4519253.624717732.34

ÁreaParqueProvinciaTermo municipalCoordenadas

XY

14Monte de San PaioLugoPantón1603986.154716096.38
2613722.644725751.57
Monte de NavasPantón, O Saviñao3614958.024719099.05
4613049.254707128.35
Monte de Santo AntonioO Saviñao5605087.964706922.60

15Monte Pico e Monte da PeladaLugoO Incio, Samos1633017.624723005.95
2636510.374730441.69
3642888.434728468.94
ModorriñasLugoO Incio, Samos4645925.604716480.71

16CarballiñoPontevedraCangas1509617.964680397.89
2516214.994687289.85
3518014.184683094.74
Monte de PinténsPontevedraCangas4526950.164683694.04
5516274.974676202.79

17CaseloPontevedraRedondela, Pazos de Borbén, Ponteareas1533029.404688311.02
2543250.174688311.02
MonzónPontevedraSoutomaior, Pazos de Borbén, Redondela3543250.174678039.53
4533029.404678039.53
Coto do CeoPontevedraFornelos de Montes, Pazos de Borbén
Coto XesteiroPontevedraMondariz, Pazos de Borbén

18Cerro O PardoOurenseVilamartín de Valdeorras1647937.004702192.79
Cruz das ChasOurenseVilamartín de Valdeorras2658503.014708313.63
LugoQuiroga3665355.604706821.68
Lagoa GrandeOurenseA Rúa4661871.884699973.99
LugoQuiroga5652875.464695957.19

19-AMontes da PenaOurenseA Veiga, Petín, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras1659031.594696103.54
2663687.304696103.54
3665890.454690288.07
4660278.664685594.15

19-BPunta ChozavellaOurenseA Veiga1663354.754688252.65
2665848.884690204.99
3674162.654683226.42
4666139.874681481.78

20GravaPontevedraOia, Baiona1508486.154662596.38
2517066.164662333.09
3517066.164656263.10
4508739.154657552.38

21Oureiro LongoOurenseOs Blancos, Calvos de Randin, Baltar1593034.634649581.29
2607454.924649581.29
Penedo da Reina LobaOurenseOs Blancos, Baltar3607454.924641473.18
4593034.634641473.18

22Os ChairosOurenseViana do Bolo, A Mezquita, A Gudiña1632486.154660146.38
2660578.764662466.19
Os Chairos IIOurenseA Gudiña3664986.154655096.38
Lombo de CambaOurenseVilariño de Conso, Castrelo do Val, A Gudiña4659593.214649280.65
5657315.334651708.65
UrdiñeiraOurenseA Gudiña, Riós, Castrelo do Val6635599.564648066.65
Pena NofreOurenseLaza, Castrelo do Val
Corona de CotaOurenseRiós, Castrelo do Val, Vilardevós

23ErmidaOurenseRiós, Vilardevós1636436.884646145.01
2647564.654646178.60
Salto do CabaloOurenseRiós, Vilardevós3650018.824639056.55
4636941.164634118.14
5634688.714639224.52

24Alto da GaliñeiraA CoruñaCarnota, Muros1488851.454736871.42
2491156.874743053.61
3494000.364741096.75
4497246.174741107.30
5493589.074732095.66

Durante o prazo de información pública presentouse a seguinte solicitude en competencia formulada por:

Energía de Galicia, S.A. (Engasa).

Así como as seguintes alegacións:

1. Gamesa Energía, S.A., que alega solapamento de áreas.

2. Esdras Automática, S.L., que alega solapamento de áreas.

3. Norvento, S.L., que alega solapamento de áreas.

4. Eólicos de Touriñán, S.A., que alega solapamento de áreas.

5. Cubiertas de Pizarra Reunidas y Agrupadas de Exportación, S.A., que alega solapamento con peticións de zonas de explotación mineira.

6. Ega-Asociación Eólica de Galicia, que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo artigo 60.2º e artigo 58.2º da LRX-PAC, incoherencia na planificación enerxética e solapamento con áreas solicitadas.

7. Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o artigo 86.2º da LRX-PAC e artigo 5 del Decreto 205/1995 polo que se regula o aproveitamento eólico na Comunidade Autónoma de Galicia, solapamento con áreas solicitadas e incoherencia na planificación enerxética.

8. Eurovento, S.L., que alega incoherencia na planificación enerxética, ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o artigo 5 do Decre

to 205/2001 mencionado, así como solapamento con áreas solicitadas.

9. Energías Ambientales, S.A. (EASA), que alega solapamento de áreas solicitadas e incoherencia coa planificación enerxética.

A petición de aprobación do plan eólico estratéxico de Unitec Técnicas Unidas, S.L. someteuse a información pública pola Resolución do 30 de maio de 2001, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula aprovecitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita resolución foi publicada no Boletín Oficial del Estado do 22 de xuño do 2001, e no Diario Oficial de Galicia do 8 de xuño do mesmo ano.

As características principais do P.E.E. Unitec que foron sometidas a información pública son:

ÁreaParqueProvinciaTermo municipalCoordenadas

XY

1Monte da CostaA CoruñaArteixo1541000.004799647.44
2541897.474800216.16
3541088.634800193.13
4541692.484798915.26
5541393.054798698.82
6541000.004798698.82

2MonticañoA CoruñaArteixo1542609.344799485.54
2543227.724799890.80
3543449.514799721.94
4543060.274799188.93
5543128.274798572.09
6542774.234798487.89

3Punta LangosteiraA CoruñaArteixo1541068.744801321.27
2541882.884801321.27
3541780.044800706.60
4541445.814800706.60
5540950.904800190.44
6540386.364800238.49

4Alto do LendoA CoruñaArteixo, Carballo, A Laracha1530003.324795838.34
2530003.004797000.80
3532000.834797469.64
4534021.434796382.31
5532674.934792152.42
6531799.644792152.42

Durante o prazo de información pública non se presentou ninguha solicitude en competencia.

As alegacións formuladas foron as seguintes:

1. Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o artigo 5 do Decreto 205/1995, polo cal se regula o aproveitamento eólico na Comunidade Autónoma de Galicia e incoherencia coa planificación enerxética.

2. EGA-Asociación Eólica de Galicia, que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o artigo 5 do Decreto 205/1995, polo cal se regula o aproveitamento eólico na Comunidade Autónoma de Galicia e incoherencia na planificación enerxética.

3. Ángel Fernández Fuenteseca, que alega solapamento con áreas de investigación mineira.

Cuarto.-Con data do 18 de setembro de 2002 recibiuse escrito por parte das empresas Enviroil Galicia, S.A. e Unitec Técnicas Unidas, S.L. no que solicitaba que os plans presentados por ámbalas partes

sexan tramitados e resoltos de forma conxunta como un único plan.

Quinto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emitiron informe no que avalaban a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Viabilidade do plan tecnolóxico industrial e previsións de desenvolvemento.

-Investimentos previstos e tempo de execución.

-Capacidade técnica financeira do promotor.

-Achegas e efectos industriais, socioeconómicos, tecnolóxicos e ambientais do plan.

-Desenvolvementos vinculados a terreos e municipios afectados.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autono

mía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo cal se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, así como o disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia acepta a solicitude de tramitación e resolución de ámbolos plans de forma conxunta como un único plan.

Terceiro.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, da aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos de forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito terceiro, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista de infraestructuras en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran da forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Cuarto.-Con respecto ás alegacións referidas ós posibles solapamentos das áreas publicadas con outras pertencentes a plans eólicos xa aprobados, tense que sinalar que en ningun modo se vulnerarán na aprobación de calquera novo plan os dereitos adquiridos polos titulares dun plan anterior no tempo, polo que en todo caso a área solicitada, ou non se lle concedería ou se adecuaría nas súas coordenadas para que ese solapamento desaparecese.

Quinto.-No referido ó solapamento con zonas susceptibles de seren explotadas por medio de explotacións mineiras tense que indicar que a dita probabilidade non ten porque necesariamente facer incompatibles os dous tipos de proxectos, circunstancia que, en todo caso, se resolvería no momento no que existise esa colisión, xa que non pode ser decidido de forma apriorística.

Sexto.-No que concerne ás alegacións realizadas nas que se discutía a ausencia de requisitos mínimos na publicación do plan, hai que sinalar que a publicación reúne os requisitos esixidos no artigo 5 do Decreto 205/1995, de aplicación a este procedemento, resultando por outro lado un pouco abraiante que estas alegacións veñan expostas pola Asociación Eólica de Galicia e por empresas con plan eólico en vigor, cando para a aprobación dos plans das empresas adscritas a esa asociación e dos das empresas alegantes se seguiu o mesmo procedemento e cos mesmos condicionantes que agora intentan refutar.

Sétimo.-Non existe por outro lado ningunha incoherencia coa planificación enerxética. A Xunta de Galicia ten como horizonte chegar ós 4.000 MW

eólicos no ano 2010; para chegar a esta meta consideráse que o instrumento principal, como o foi sendo ata o de agora, son os plans eólicos empresariais (denominados estratéxicos na anterior nomenclatura do Decreto 205/1995), e é a través deles e dunha planificación periódica anual, respectando sempre os compromisos adquiridos, como se intenta chegar ós itos antes expostos.

Oitavo.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e o resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluir certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido á súa inviabilidade. Por outro lado, a determinación espacial das áreas aprobadas debe ter en conta o disposto na modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, en tramitación nestes momentos, polo que se deben adapta-las coordenadas das distintas áreas ó reflectido nel. Tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da devandita empresa, que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidade Autonóma de Galicia, sendo esta circunstancia un de dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Do exposto extráese como consecuencia, que o plan solicitado non pode ser concedido na extensión requirida pola peticionaria, e en consecuencia, que se deben conceder á empresa Enviroil Galicia, S.A. e á empresa Unitec Técnicas Unidas, S.L. autorización para realiza-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Desta forma, o Plan Eólico Estratéxico pasa a constar de 5 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 115 MW.

Noveno.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Enviroil-Unitec referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 115 MW.

A presente resolución implica o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Nembargantes, o desenvolvemento dos parques eólicos derivados destas áreas compatibilizaranse coa posible inclusión de parques eólicos singulares neles.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a Administración, Enviroil Galicia, S.A. e a Unitec Técnicas Unidas, S.L. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Enviroil Galicia, S.A. e Unitec Técnicas Unidas, S.L. iniciarán a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executar esa formulación nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que coide pertinente co obxecto de verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Segunda.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Nembargantes, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas inesperadas non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifica, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira.-Enviroil Galicia, S.A. e Unitec Técnicas Unidas, S.L. deberán presentar un informe trimestral á Consellería de Industria, que terá os seguintes epígrafes:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

-Enviroil Galicia, S.A. e Unitec Técnicas Unidas, S.L., así mesmo, deberán remiti-los datos que se esixan na Orde do 29 de xullo de 2001 pola que se crea e se regula o procedemento para a captación e procesamento dos datos de producción de Galicia (SICAPDE), das instalacións acollidas ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica nos parámetros e na forma en que veña determinado.

Cuarta.-As empresas Enviroil Galicia, S.A. e Unitec Técnicas Unidas, S.L., participarán na execución do plan industrial que teñan aprobado os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta.-As empresas Enviroil Galicia, S.A. e Unitec Técnicas Unidas, S.L. poderán transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sexta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo do que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas do P.E. Estratéxico de Enviroil Galicia, S.A.

ÁreaParqueProvinciaTermo municipalCoordenadas

XY

1Alto do LendoA CoruñaArteixo, A Laracha, Carballo1523863.154791599.88
2525000.004792500.00
3529500.004793000.00
4530003.324795838.34
5531799,644792152,42

ÁreaParqueProvinciaTermo municipalCoordenadas

XY

6532674,934792152,42
7533824,154795762,56
8537500,004795500,00
9539000,004797000,00
10540688,234794742,01
11536726,134790091,29
12531000,004792000,00
13529000,004791000,00
14529000,004788071,23
15524995,554789000,00

2Montes do BarroA CoruñaA Baña, Santa Comba, Val do1526540.004764420.00
Dubra, Ames, Negreira2523250.004765620.00
3517000.004761150.00
4515571.334758899.84
5515588.354757411.65
6518000.004755000.00
7523000.004752600.00
8525000.004753000.00
9527683.854755528.65

3Salto doOurenseRiós, Vilardevós1641730.374646160,99
Cabalo2636467.024646145.10
3636500.004646000.00
4636945.004644900.00
5640000.004642000.00
6640000.004639000.00
7641000.004639000.00
8644000.004642000.00

4Os Chairos IIOurenseA Gudiña1656035.004656840.00
2654500.004656840.00
3652700.004653960.00
4654280.004652870.00
5656625.004654280.00

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 96 MW.

Relación de áreas do P.E. estratéxico de Unitec Técnicas Unidas, S.L.

ÁreaParqueProvinciaTermo municipalCoordenadas

XY

1Alto do LendoA CoruñaArteixo, A Laracha, Carballo1533824.154795762.56
2530003.324795838.34
3531799.644792152.42
4532674.934792152.42

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 19 MW.

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración ata o ano 2010 e suporá un investimento global estimada de 105.778.130 euros.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Enviroil Galicia, S.A. e a empresa Unitec Técnicas Unidas, S.L. realizarán a investigación de 5 áreas, facendo un investimento total de 60.100 euros, alcanzando un investimento medio de 12.020 euros/área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación co resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Enviroil Galicia, S.A. e a empresa Unitec Técnicas Unidas, S.L. empregarán coma entidade colaboradora para a investigación ó Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Plan industrial.

A empresa Enviroil Galicia, S.A. e a empresa Unitec Técnicas Unidas, S.L., desenvolverán este plan levando a cabo as seguintes actuacións:

-A fabricación, a montaxe e o mantemento das turbinas eólicas dos parques sinalados no plan será realizado pola empresa Bazán Turbinas, o que supón unha garantía de emprego directo consistente en garanti-la fabricación dos compoñentes do aeroxerador, montaxe en fábrica e parque e mantemento dos aeroxeradores. Isto vén sendo equivalente a garantir aproximadamente 50 postos de traballo en fabricación e uns 20 postos na operación de xestión e mantemento. Izar poderá desenvolve-las súas actividades ben directamente, ben subcontratando a fabricación de certos compoñentes a empresas galegas.

-A empresa Enviroil Galicia, S.A. e a empresa Unitec Técnicas Unidas, S.L., colaborarán na implantación e desenvolvemento do Plan de fomento da enerxía solar que executará a Consellería de Indus

tria e Comercio a través do INEGA, e anualmente achegarase unha cantidade equivalente ó 0,3% da facturación dos parques eólicos que se poñan en funcionamento no desenvolvemento de cada un dos dous plans, porcentaxe que será aboado por cada unha das dúas empresas mencionadas. Estas achegas dentro do marco do Plan de fomento da enerxía solar destinaranse preferentemente á avaliación da posibilidade de fabricar en Galicia paneis solares.