Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.622

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 29 de outubro de 2002 pola que se convocan os programas Ven ó Camiño e Ven á Ruta Marítima Xacobea para o ano 2003, e dependente destes, o concurso Ven ó Camiño e Ven á Ruta Marítima Xacobea 2003.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo vén desenvolvendo estes últimos anos unha serie de accións tendentes ó achegamento da poboación ó Camiño de Santiago, merecendo especial atención a convocatoria dos programas Ven ó Camiño e Ven á Ruta Marítima Xacobea.

Estes programas naceron co obxectivo de dar a coñece-la realidade do Camiño e o seu contorno, así como os seus valores e sensibilidades. Por outra banda, pretende promove-lo interese polo Camiño entre xente nova e as institucións encamiñadas á formación e á organización de actividades de lecer e tempo libre, sendo o seu fin último a promoción das distintas rutas xacobeas.

Os obxectivos sinalados cumpríronse sobradamente e, dado o elevado número de interesados en participar nos referidos programas, cómpre convocar unha nova edición destes.

Así mesmo, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca a terceira edición do concurso Ven ó Camiño e Ven á Ruta Marítima Xacobea 2003, coa finalidade de complementa-los programas Ven ó Camiño e Ven á Ruta Marítima Xacobea, estimulando e fomentando a participación da xente nova, no desenvolvemento de accións que contribúen á consecución do obxectivo común de coñecemento e difusión do Camiño de Santiago, materializando a través de expresión escrita, plástica, ou combinación de ámbalas dúas, a realidade do Camiño.

Por todo o exposto e a través da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago no uso das competencias conferidas polo Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, modificado polo Decreto 72/2002, do 7 de marzo, que regula o desenvolvemento da estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e das facultades que me confiren os artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca os programas Ven ó Camiño e Ven á Ruta Marítima Xacobea, dirixidos á xente

nova de acordo coas bases que figuran nos anexos respectivos desta orde.

a) O programa Ven ó Camiño ofrece dous días de estadía e percorrido por puntos emblemáticos e significativos do Camiño Francés, Camiño Norte, Camiño Inglés, Camiño Fisterra-Muxía, Camiño Portugués e Vía da Prata con aloxamento dunha noite nos albergues que se sinalan na base novena do anexo I desta orde.

b) O programa Ven á Ruta Marítima Xacobea ofrece unha viaxe con saída do Grove, remontando o Ulla ata Pontecesures ou Padrón, e un itinerario terrestre por lugares emblemáticos desta zona sinalados na base primeira do anexo II desta disposición.

2. Igualmente a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, convoca o concurso Ven ó Camiño e Ven á Ruta Marítima Xacobea 2003 dirixido á xente nova integrada nas entidades beneficiarias que realicen calquera dos programas previstos nas letras a) e b) do artigo 1.1º. O dito concurso consistirá na realización dun traballo de expresión escrita ou plástica, ou combinación de ámbalas dúas, para desenvolver individualmente por cada un dos membros integrantes do grupo, segundo modelo oficial achegado pola Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Cada grupo presentará tres traballos previamente seleccionados da totalidade polo responsable del, cos cales poderán optar ó premio previsto no anexo III desta orde, que regula as bases do dito concurso.

Artigo 2º

1. Estes programas son excluíntes, o que significa que só se poderá optar a un dos dous descritos nas letras a) e b) do artigo 1.1º e que cada entidade solicitante deberá remitir única e exclusivamente unha instancia e para un só grupo.

2. O desenvolvemento dos programas farase de acordo co disposto nas bases que figuran nos anexos I e II desta orde.

Artigo 3º

1. O importe total do crédito, destinado para esta convocatoria que integra os programas mailo concurso, é de 28.788,47 euros.

2. a) O libramento dos gastos orixinados por estes programas e mailo concurso farase con cargo á aplicación orzamentaria 10.01.353-D.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 hábida conta, que, en todo caso o gasto proxectado suxeitarase á existencia de crédito axeitado e suficiente para tal fin nos ditos orzamentos xerais e ó disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

b) As axudas percibidas con cargo a estes programas poderanse acumular con outras axudas públi

cas, subvencións, ingresos ou recursos percibidos para o mesmo fin ata o máximo do custo da actividade subvencionada.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

Bases que rexen a convocatoria do programa Ven ó Camiño

Primeira.-Poderán acollerse a este programa tódalas institucións e organismos tradicionalmente vinculados a actividades con xente nova: centros de ensino, clubes xuvenís, catequeses parroquiais, escolas de tempo de lecer, corais e ranchos musicais xuvenís, etc.

Segunda.-A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago e no desenvolvemento deste programa, porá ó dispor dos participantes:

-Os albergues.

-Un informador do camiño especializado na zona.

-A cantidade de 300,51 euros en concepto de axuda para os gastos de transporte por cada institución ou organismo.

A atención e coidado do grupo, o seu traslado e mantenza, serán responsabilidade da institución ou organismo participante, responsable tamén do comportamento do grupo en relación coas normas do albergue. A ausencia dun comportamento minimamente axeitado a estas normas e convenientemente valorado pola Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, podería ser motivo de anulación da subvención e, se é o caso, de exclusión da entidade en posteriores convocatorias, sen prexuízo de que poidan igualmente esixirse as responsabilidades procedentes.

Terceira.-O número de participantes por cada grupo non será inferior a 20 nin superior a 35, en función do albergue elixido, incluíndo neste número os adultos acompañantes, que non excederán de 5.

Cuarta.-Cada agrupación levará carteis promocionais do programa, facilitados pola Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, no vehículo no que efectúen as viaxes.

Quinta.-Os interesados enviarán unha única solicitude no modelo oficial que figura ó remate desta orde, á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, 15771 Santiago de Compostela. Tamén a

poderán presentar nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Todo isto de acordo co disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En consecuencia, non serán admitidas as solicitudes enviadas por fax, teléfono, ou calquera outro dos medios que non figuren no artigo citado.

Sexta.-Nas solicitudes incluiranse os datos identificadores do grupo: colexio ou institución, número de participantes inicialmente previsto e idades, persoa ou persoas responsables, teléfono e fax de contacto, horario de localización, itinerarios e datas preferentes para a viaxe. Recoméndase poñer varias datas, por orde de preferencia, sen que a escolla supoña dereito ningún a prol do solicitante, posto que serán simplemente orientativas para o órgano de tramitación.

A data finalmente adxudicada e comunicada á entidade solicitante non poderá ser modificada, de forma que a imposibilidade de realiza-la viaxe na data prevista, suporá a renuncia a ela, agás os supostos de forza maior e na medida en que as dispoñibilidades o permitan.

Sétima.-Os grupos participantes no programa non excederán de 60 e serán seleccionados por orde de recepción da solicitude, e tendo en conta a diversidade de camiños, sempre que cumpran os requisitos que figuran nas bases.

Así mesmo, prevese a confección dunha lista de espera para as vacantes que puideran producirse. Non poderán incorporarse á dita lista de espera os que tendo solicitados os dous programas xa se lle concedera un deles, nin aquelas solicitudes presentadas fóra de prazo.

A presentación das solicitudes farase no prazo de 40 días hábiles desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A súa tramitación será levada a cabo polos servicios técnicos da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, con suxeición ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A concesión da axuda estará sometida á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

O prazo máximo de resolución previsto neste procedemento será de seis meses que comezará a contar desde o día seguinte ó último día para a presentación de solicitudes.

Malia o anterior, no suposto de que non recaera resolución expresa dentro do prazo máximo previsto, o sentido do silencio será negativo.

A resolución, que corresponderá ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, notifica

ráselle ós interesados segundo o establecido no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a dita resolución os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou presentar directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Oitava.-As viaxes realizaranse entre o 15 de febreiro e ó 30 de abril, ambos inclusive, ou entre o 1 e o 31 de outubro, ambos tamén inclusive, do ano 2003. A duración será de dous días (unha noite) que poden ser ou non en fin de semana.

Cada grupo solicitante estará obrigado a confirma-la súa asistencia ou renuncia, con polo menos, sete días de antelación á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, por escrito ou mediante fax 981 54 48 70.

Novena.-Os albergues nos que se poderán aloxa-los solicitantes son os seguintes:

Triacastela, Portomarín, Melide, Lourenzá, Miño, Fisterra, Redondela, Tui, Padrón, Vilalba, Baamonde, Pontevedra e Ourense, San Cristovo de Cea; agás nos casos imprevistos que se poderán utilizar outros albergues do camiño.

Os itinerarios que se suxiren son meramente indicativos, podendo ser axustados e acurtados, pero sen varia-lo albergue que deba servir de aloxamento.

R-1. O Cebreiro-Triacastela-Samos, con aloxamento no albergue de Triacastela.

R-2. Sarria-Paradela-Portomarín, con aloxamento no albergue de Portomarín.

R-3. Monterroso-Palas de Rei-Melide-Arzúa-Toques-Sobrado-O Pino, con aloxa mento no albergue de Melide.

R-4. Ribadeo-Barreiros-Trabada-Lourenzá-Mondoñedo, con aloxamento no albergue de Lourenzá.

R-5. Abadín-Vilalba-Baamonde-Friol-Sobrado, con aloxamento no albergue de Vilalba (ou Baamonde).

R-6. Pontedeume-Miño-Betanzos, con aloxamento no albergue de Miño.

R-7. Muxía-Cee-Corcubión-Fisterra, con aloxamento no albergue de Fisterra.

R-8. Tui-O Porriño-Mos-Redondela, con aloxamento no albergue de Redondela (ou Tui).

R-9. Pontevedra-Barro-Portas-Caldas-Valga-Cesures-Padrón, con aloxamento no albergue de Padrón (ou Pontevedra).

R-10. Ourense-Cambeo-San Cristovo de Cea, con aloxamento no albergue de San Cristovo de Cea (ou Ourense).

Décima.-Para que se poida tramita-lo pagamento e como condición indispensable para o cobramento da subvención, unha vez realizada a viaxe, é imprescindible enviar á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, no prazo de vinte días naturais desde a realización da viaxe, a seguinte documentación:

* Factura orixinal expedida pola empresa transportista á entidade beneficiaria que xustifique de modo expreso e desagregado os gastos de transporte.

* Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

* Certificación bancaria orixinal e actualizada, acreditativa da titularidade da conta onde desexa recibi-la transferencia o beneficiario.

* Parte asinado polo informador cultural ou, se é o caso, polo encargado do albergue, así como pola persoa responsable do grupo, para xustifica-la realización da viaxe.

* Presentación de tres traballos seleccionados da totalidade, pola persoa responsable do grupo, e realizados segundo modelo oficial, posto á disposición por esta xerencia, e cos cales participará no concurso regulado segundo ó disposto no anexo III desta orde.

* Declaración de conxunto das axudas solicitadas, efectuadas ou concedidas perante as administracións ou entes públicos para a mesma finalidade.

Se a citada xustificación non tivese lugar no prazo anteriormente establecido, procederase á anulación da subvención.

Undécima.-A Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago resolverá calquera dúbida que poida xurdir das bases que regulan este programa, sen que, en ningún caso, poida haber contradicción co disposto nestas.

ANEXO II

Bases que rexen a convocatoria do programa Ven á Ruta Marítima Xacobea

Primeira.-O percorrido constará de dúas fases:

a) O remonte fluvial do Ulla entre O Grove e Padrón.

b) Un itinerario en autobús pola área desta zona. Neste segundo itinerario, o grupo contará co apoio dun informador cultural que ofertará un percorrido único, pero adaptable ás necesidades do grupo e con dous bloques temáticos:

-Lugares de interese xacobeo: igrexa de Santiago de Padrón, co Pedrón, ponte do Sar e fonte do Carme, subida ó Santiaguiño do Monte e visita á Colexiata de Iria. Este itinerario pode ser complementado con

outras visitas: ponte de Pontecesures e igrexa de San Xulián de Requeixo, paseo do Espolón, convento do Carme e zona vella de Padrón.

-Lugares de interese cultural: xardín botánico artístico, casa-museo de Rosalía, Fundación Camilo José Cela, e Santuario da Escravitude.

Segunda.-Poderán acollerse a este programa tódalas institucións e organismos tradicionalmente vinculados a actividades con xente nova: centros de ensino, clubs xuvenís, catequeses parroquiais, escolas de tempo de lecer, ranchos musicais xuvenís e tunas de rapaces, etc.

Terceira.-A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago e no desenvolvemento deste programa, porá ó dispor dos participantes:

-Billete gratuíto para poder realiza-la viaxe consistente en remonta-lo río Ulla desde O Grove ata Pontecesures ou Padrón.

-Un informador cultural da área de Padrón especializado na zona.

-A cantidade de 150,25 euros a cada institución ou organismo solicitante, en concepto de axuda para os gastos de transporte.

A atención e coidado do grupo, así como o seu traslado e mantenza, serán responsabilidade da institución ou organismo participante, responsable tamén do comportamento do grupo. A ausencia dun comportamento minimamente axeitado, do que a súa valoración lle correspondera á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, poderían ser motivo da anulación da subvención e, se é o caso, da exclusión da entidade en posteriores convocatorias, sen prexuízo de que poidan así mesmo esixirse as responsabilidades procedentes.

Cuarta.-O número de participantes por cada grupo será de 40, incluíndo neste número os adultos acompañantes, que non excederán de 5.

Quinta.-Cada agrupación levará carteis promocionais do programa, facilitados pola Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, que deberán ser expostos no vehículo de transporte de cada grupo.

Sexta.-Os interesados enviarán unha única solicitude, no modelo oficial que figura ó final desta orde, á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, 15771, Santiago de Compostela. Tamén poderán presenta-las mesmas nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Todo isto, de acordo co disposto no artígo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En consecuencia, non serán admitidas as solicitudes enviadas por fax, teléfono, ou calquera outro dos medios que non figuren no artigo citado.

Sétima.-Nas solicitudes incluiranse os datos identificadores do grupo: colexio ou institución, número de participantes e idades nas que estean comprendidos, persoa ou persoas responsables, teléfono e fax de contacto e horario de localización e datas preferentes para a viaxe.

Recoméndase poñer varias datas por orde de preferencia, sen que a escolla supoña ningun dereito a prol do solicitante, posto que as ditas datas serán simplemente orientativas para o órgano de tramitación.

A data finalmente adxudicada e comunicada á entidade solicitante non poderá ser modificada, de forma que a imposibilidade de realiza-la viaxe na data prevista suporá a súa renuncia salvo supostos de forza maior e na medida que as dispoñibilidades o permitan.

Oitava.-Os grupos participantes non excederán de 50, e serán seleccionados por orde de recepción de solicitude, sempre que cumpran os requisitos que figuran nas bases.

Así mesmo, prevese a confección dunha lista de espera para as vacantes que puideran producirse. Non poderán incorporarse á dita lista de espera os que tendo solicitados os dous programas xa se lle concedera un, nin aquelas solicitudes presentadas fóra de prazo.

A presentación das solicitudes rematará no prazo de 40 días hábiles desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A súa tramitación levarase a cabo polos servicios técnicos da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, con suxeición ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A concesión da axuda estará sometida á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

Novena.-O prazo máximo de resolución previsto neste procedemento será de seis meses contados desde o día seguinte ó último día para a presentación das solicitudes. Malia o anterior, no suposto de que non recaese resolución expresa dentro do prazo máximo previsto, o sentido do silencio será negativo.

A resolución, que lle corresponderá ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, seralle notificada ós interesados segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a dita resolución os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou presentar directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data perante a orde xurisdiccional contenciosa-administrativa.

Décima.-As viaxes levaranse a cabo entre os días 21 de abril ó 31 de maio, ambos inclusive do ano 2003.

Cada grupo solicitante estará obrigado a confirma-la súa asistencia ou a súa renuncia con alomenos 7 días de antelación, á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago por escrito ou mediante fax.

Os billetes para a viaxe poderán recollerse nas dependencias da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.

Undécima.-Para que se poida tramita-lo pagamento e como condición indispensable para o cobramento da subvención, unha vez realizada a viaxe, deberase enviar á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, no prazo máximo de vinte días naturais desde a realización da viaxe, a seguinte documentación completa:

* Factura orixinal expedida pola empresa transportista á entidade beneficiaria que xustifique de xeito expreso e desagregado os gastos do transporte.

* Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

* Certificación bancaria orixinal e actualizada, acreditativa da titularidade da conta onde desexa recibi-la transferencia do beneficiario.

* Parte asinado polo informador cultural e pola persoa responsable do grupo, para xustifica-la realización da viaxe.

* Presentación de tres traballos seleccionados da totalidade, pola persoa responsable do grupo, e realizados segundo modelo oficial, posto á disposición por esta xerencia, e cos cales participarán no concurso regulado segundo o disposto no anexo III desta orde.

* Declaración de conxunto das axudas solicitadas, efectuadas ou concedidas perante as administracións ou entes públicos para a mesma finalidade.

Se non tivera lugar a entrega da totalidade da referida documentación no prazo anteriormente establecido, procederase á anulación da subvención.

Duodécima.-A Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago resolverá calquera dúbida que poida xurdir das bases que regulan este programa, sen que en ningún caso poida haber contradicción co disposto nestas.

ANEXO III

Bases que rexen a convocatoria do concurso Ven ó Camiño e Ven á Ruta Marítima Xacobea 2003

1. Participarán neste concurso as entidades beneficiarias que realicen o programa Ven ó Camiño ou ben o programa Ven á Ruta Marítima Xacobea, que a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca para o ano 2003.

2. Establécense tres categorías:

* Categoría A: 8-12 anos.

* Categoría B: 13-18 anos.

* Categoría C: 19-30 anos.

3. O concurso consistirá na realización dun traballo de expresión escrita, plástica, ou combinación de ámbalas dúas, para desenvolver individualmente por cada un dos membros integrantes do grupo, segundo modelo oficial achegado pola Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Cada grupo presentará tres traballos previamente seleccionados polo responsable del.

4. A temática terá como obxecto: os diversos Camiños e a Ruta Marítima Xacobea: os seus monumentos, costumes, peregrinaxes, personaxes célebres, natureza, vivencias, etc., e o seu contido relacionarase coa ruta elixida e a viaxe realizada.

5. Os traballos, debidamente identificados co nome, idade, categoría, ruta realizada, entidade, e teléfono, serán enviados á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, no prazo de vinte días naturais a partir da data de desenvolmento da viaxe, xunto coa documentación contable, imprescindible para proceder ó cobramento da subvención.

6. Un xurado, composto por persoas vinculadas ó Camiño de Santiago e de recoñecido prestixio, cualificará os traballos e seleccionará os mellores, tendo en conta entre outros os seguintes criterios: orixinalidade, creatividade, calidade literaria e artística, novas achegas e interese para a difusión, investigación e promoción do Camiño de Santiago. A decisión do xurado emitirase antes do 30 de decembro do ano 2003.

7. O premio será outorgado de forma individual, ou poderase declarar deserto. Establécense tres premios en función das categorías dos participantes:

Primeiro premio: 300,51 euros para o primeiro clasificado de cada categoría, máis 300,51 euros e lote de libros para o colexio ou entidade a que pertenza.

Segundo premio: 150,25 euros para o segundo clasificado de cada categoría, máis 150,25 euros e lote de libros para o colexio ou entidade a que pertenza.

Terceiro premio: 90,15 euros para o terceiro clasificado de cada categoría, máis 90,15 euros e lote de libros para cada entidade a que pertenza.

8. Os traballos premiados quedarán en propiedade da xerencia que reserva para si o dereito de exposición, publicación e difusión polos medios que considere oportunos.

Os traballos non premiados quedan arquivados na xerencia, podendo ser devoltos, logo de solicitude por escrito dos seus propietarios.