Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a execución das obras de rehabilitación e adaptación do edificio destinado á Audiencia Provincial de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación e adaptación do edifico destinado á Audiencia Provincial de Pontevedra.

b) División por lotes e número: non leva

c) Lugar de execución: Pontevedra.

d) Prazo de execución: dezaoito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 1.470.906,07 A, IVE incluído, que se desagrega nas seguintes anualidades:

Anualidade 2002: 115.932,06 A.

Anualidade 2003: 874.945,28 A.

Anualidade 2004: 480.028,73 A.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 46 42. Fax: 981 54 46 96.

b) Igualmente, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas relativo a esta contratación

no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

As copias da documentación e o proxecto soamente se poderán recoller, mediante o aboamento do seu importe, en Tórculo Artes Gráficas, S A.L., praza de Mazarelos, 14 baixo, Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 54 55, fax: 981 55 20 61.

c) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupos: todos, categoría: e.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contado a partir da data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás nove horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais