Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 335/2002 e trece máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de grupo Constantino Alvar Cabido, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 15 de outubro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 335/200226 e) LO 1/1992Poeta Cabanillas 11, 1º, LugoAta 300,51 euros

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 316/200226 e) LO 1/1992Poeta Cabanillas 11, 1º, LugoAta 300,51 euros

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 350/200226 e) LO 1/1992Poeta Cabanillas 11, 1º, LugoAta 300,51 euros

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 344/200226 e) LO 1/1992Misericordia 50, 1º A, ViveiroAta 300,51 euros

Miguel Montes Dosantos33316792LU-E 321/200226 e) LO 1/1992R/ Tino Prados 12, 1º, LugoAta 300,51 euros

Sufuentes Asociados, S.L.B-27256940LU-E 313/200226 e) LO 1/1992R/ San Roque 18, LugoAta 300,51 euros

Mª Ángeles Dopico García33992440LU-E 327/200226 e) LO 1/1992R/ Vicente Cociña 22, 1º, ViveiroAta 300,51 euros

Mª Ángeles Dopico García33992440LU-E 343/200226 e) LO 1/1992R/ Vicente Cociña 22, 1º, ViveiroAta 300,51 euros

José Luis Pérez Vázquez33860756LU-E 348/200226 e) LO 1/1992Curva da Xunqueira 63, 6º D, ViveiroAta 300,51 euros

José Luis Pérez Vázquez33860756LU-E 330/200226 e) LO 1/1992Curva da Xunqueira 63, 6º D, ViveiroAta 300,51 euros

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

Néstor Fernández Gómez76554470LU-E 336/200226 e) LO 1/1992R/ Navia Castrillón 19, ViveiroAta 300,51 euros

Juan Rogero Ayllón35566655LU-E 320/200226 e) LO 1/1992R/ Campos Novos 37, 3º G, LugoAta 300,51 euros

Javier Álvarez López33810169LU-E 317/200226 e) LO 1/1992Lousadela 7, SarriaAta 300,51 euros

Javier Álvarez López33810169LU-E 315/200226 e) LO 1/1992Lousadela 7, SarriaAta 300,51 euros