Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de asistencias técnicas que se relacionan.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio da seguridade e da saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: a redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio da seguridade e da saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra.

c) Lotes: non leva.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 81, do 26 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e dous mil cento corenta e dous euros con cincuenta e tres céntimos (32.142,53 euros), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 5 de xullo de 2002.

b) Contratista: Cid, Santos y Parga, Arquitectos, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta mil oitocentos euros (30.800 euros), IVE incluído.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio de seguridade e saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Audiencia Provincial de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: a redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio de seguridade e saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Audiencia Provincial de Lugo.

c) Lotes: non leva.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 81, do 26 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintesete mil cincocentos trinta e tres euros con sete céntimos (27.533,07 euros), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de xuño de 2002.

b) Contratista: José Manuel Bermúdez Graíño.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintecatro mil euros (24.000 euros), IVE incluído.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio da seguridade e da saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio do xulgado de Arzúa (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: a redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudio da seguridade e da saúde) das obras de rehabilitación e adaptación do edificio do xulgado de Arzúa (A Coruña).

c) Lotes: non leva.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 81, do 26 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: quince mil cincocentos trinta euros con oitenta e un céntimo (15.530,81 euros), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de xuño de 2002.

b) Contratista: José Luis Arias Jordán.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catorce mil oitocentos euros (14.800 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

Mª José Cimadevila Cea

Scretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais