1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: xestión do servicio público de salvamento e loita contra a contaminación no mar na Comunidade Autónoma de Galicia, servido por un buque pesqueiro de salvamento e apoio.
Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de execución: 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2004.
Na execución do contrato non se recolle a execución de obras.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: un millón cincocentos oitenta e tres mil setecentos sesenta e un euros (1.583.761 euros).
5. Garantía provisional: 2% (31.765 euros) do orzamento base de licitación. Artigo 35 do TRLCAP.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Secretaría Xeral.
Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 95 70 46.
Telefax: 981 54 40 31.
Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica profesional: cláusula 7.3 10), 11), 12) e 13) do prego de cláusulas administrativas particulares e de explotación.
8. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: 25 de novembro de 2002.
Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares e de explotación.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo San Caetano, 5-2º, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo e nas formas previstas no artigo 80 do RXLCAP.
9. Apertura de ofertas.
Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Data: 3 de decembro de 2002.
Hora: 11 horas.
10. Outras informacións: na sede da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos sinalada no punto anterior.
11. Gastos do anuncio: correrán por conta do adxudicatario.
12. Portal informático ou páxina web onde poden obterse os pregos: http://www.xunta.es/contratación.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS
LABORAIS