Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial da L.A.T. a 132 kV enlace apoio número 43 L.A.T. a 132 kV subestación Montouto-subestación Nordés/apoio número 22 L.A.T. a 132 kV subestación Boimente-subestación Pena Grande, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2002.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 10 de outubro de 2002, declara-lo proxecto de L.A.T. a 132 kV enlace apoio nº 43 L.A.T. a 132 kV subestación Montouto-subestación Nordés/apoio nº 22 L.A.T. a 132 kV subestación Boimente-subestación Pena Grande, promovido pola empresa Electra de Viesgo I, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior audiencia na Comunidade Autónoma e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto de L.A.T. a 132 kV enlace apoio nº 43 L.A.T. a 132 kV subestación Montouto-subestación Nordés/apoio nº 22 L.A.T. a 132 kV subestación Boimente-subestación Pena Grande, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2002, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e na Delegación Provincial de Lugo, e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas