Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Chantada, nos concellos de Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 29 de agosto de 2002, da Dirección

Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Chantada, nos concellos de Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Con data do 25 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do parque eólico de referencia.

Con data do 10 de maio de 2002 ten entrada na Consellería de Medio Ambiente o documento titulado Parque Eólico Chantada. Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Abril 2002, presentado polo promotor en cumprimento do requirido nos puntos 11.1 a 11.13 da devandita DIA.

Revisado o citado documento, detectáronse unha serie de modificacións de importancia na configuración do parque, ademais das esixidas na DIA, polo que se lle requiriu ó promotor a presentación dun documento técnico no que se detallasen e xustificasen a totalidade das modificacións introducidas, así como unha avaliación ambiental comparativa respecto da situación inicial.

En resposta a este requirimento, con data do 27 de xuño de 2002 recíbense na Consellería de Medio Ambiente os documentos titulados Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Xuño 2002 e Control e seguimento P. Eólico de Chantada. Informe previo.

Logo do informe das direccións xerais de Patrimonio Cultural e Conservación da Natureza, a antedita documentación foi informada por esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo oficio do 29 de agosto de 2002, no que se establece, para os únicos efectos ambientais, a planta definitiva que terá o parque eólico.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente resolución a modificación da DIA do parque eólico Chantada nos termos que a continuación se indican:

No punto 1.-Ámbito da declaración, introdúcense as seguintes modificacións:

1. O sexto parágrafo substitúese polo seguinte:

A localización dos aeroxeradores e a infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos P.E. Chantada. Detalle de infraestructuras. Data: XUÑ/02. Planos CH-OC-01-1, 2 e 3, a escala 1:4.000, incluídos na Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Xuño 2002.

2. Na páxina 4 de 26, onde di: «As coordenadas UTM dos 29 aeroxeradores restantes son, con carácter provisional, as seguintes».

Substitúese por:

«As coordenadas UTM dos 30 aeroxeradores previstos son as seguintes».

3. A táboa das coordenadas UTM dos aeroxeradores substitúese pola seguinte:

AeroxeradorUTM XUTM Y

CH-1591.1724.724.488

CH-2591.1984.724.358

CH-3591.2254.724.243

CH-4591.2844.724.135

CH-5591.3404.724.025

CH-6591.2654.723.708

CH-7591.1844.723.536

CH-8591.1784.723.415

CH-9591.1884.723.290

CH-10591.2084.723.170

CH-11591.1914.722.993

CH-12591.1054.722.803

CH-13591.0934.722.673

CH-14590.9814.722.239

CH-15590.9834.722.114

CH-16590.9944.721.873

CH-17590.9754.721.739

CH-18590.9344.721.573

CH-19590.8984.721.425