Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/201).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I., R.B.T., Pedras-Carreira.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea espida de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 510 m de lonxitude, coa orixe no tramo de liña existente entre C.T. Proupín e C.T. Augapesada e final no C.T. Pedras-Carreira, para instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Pedras-Carreira do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.015 m discorrendo por Pedras, Carreira e Proupín.

Rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 820 m coa orixe no C.T. Lombao e discorrendo polo lugar. Concello de Ames.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 23 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña