Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto de execución da liña eléctrica, a 20 kV, L.M.T. Barreiros, conforme o seu proxecto modificado, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública. (Expediente IN407A 3658 A.T., modificado).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Unión Fenosa Distribución, S.A. de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da liña eléctrica de media tensión, a 20 kV, proxecto modificado da L.M.T. ó polígono de Barreiros, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve; Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aprobou o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión e a Lei de expropiación forzosa do 16-12-1954 e o seu Regulamento do 26-4-1957.

2. Características básicas do proxecto.

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Enderezo: A Batundeira, nº 2, 32960 Velle (Ourense).

c) Datos técnicos: 305 m de conductor tipo LA 56/54,6 mm; van entre os apoios nº 4 e 5, metálicos tipo C-2000/16; subestación alimentadora: San Cibrao.

d) Finalidade: restablecemento de tensión á L.M.T. polígono de Barreiros coa instalación do van entre os apoios nº 4 e 5, co fin de lle dar dobre alimentación

ó C.T. de 630 kVA situado naquel, do que se abastecen en baixa tensión a maioría de empresas situadas no dito polígono industrial, pola seguridade, continuidade e calidade na subministración eléctrica que diso se deriva.

e) Orzamento: 1.923,73 A.

3. Urxente ocupación. O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública do proxecto, o que, segundo o artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Alegacións. Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1-4º, de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de vinte días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 17 de setembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 3658 A.T.Provincia: Ourense

Modificado L.M.T. BarreirosTermo municipal: San Cibrao das Viñas

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

17Cortiña VellaMonte baixoHrdos. Aquilino Paredes

Rpta.: Luis Paredes Fernández

R/ Ramón Cabanillas, 3 entreplanta

32003 Ourense

1041.040