Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.580

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 4 de novembro de 2002 pola que se modifica o artigo 5 da do 4 de abril de 2002, modificada pola Orde do 2 de outubro de 2002, pola que se amplía o importe existente para a concesión de subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social.

A Orde do 4 de abril de 2002 pola que se convocan subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social (Diario Oficial de Galicia nº 73, do 16 de abril), establece no seu artigo 5 o importe da contía máxima das axudas que ó seu abeiro lles poderán ser concedidas ós seus solicitantes.

A Orde do 2 de outubro de 2002 ampliou o importe inicial máximo previsto para a concesión destas axudas.

Non obstante, e como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar de novo o importe da contía máxima das axudas que poderán ser concedidas ó amparo da referida Orde do 4 de abril de 2002, modificada pola Orde do 2 de outubro de 2002, coa finalidade de facer chegar estas ó maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 402/2001, do 28 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ó abeiro da Orde do 4 de abril de 2002, modificada pola Orde do 2 de outubro de 2002, pola que se convocan subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social, na cantidade de setenta mil cincocentos noventa e dous euros con noventa e catro céntimos (70.592,94 A) con cargo á aplicación orzamentaria 16.02.212D.485.0 e setecentos sesenta e nove mil catrocentos trinta e nove euros con vintesete céntimos (769.439,27 A) con cargo á aplicación orzamentaria 16.02.212D.482.1, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Segundo.-A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA