Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de outubro de 2002 pola que se amplía o prazo de presentación de traballos para concorrer ó Premio Manuel Colmeiro.

Por Orde do 24 de abril de 2002 (DOG nº 90, do 10 de maio) convocouse o Premio Manuel Colmeiro na súa XI edición correspondente ó ano 2002.

Segundo o previsto na base cuarta, o prazo de presentación dos traballos na Escola Galega de Administración Pública rematou o día 17 de outubro, sen que se recibise ningún traballo no rexistro desta escola.

Dada esta circunstancia, e en uso das atribucións que teño concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo de presentación dos traballos ata o día 29 de novembro e fixa-la data de publicación da decisión do xurado, se procede, para o día 13 de decembro.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública