Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno na sesión do 30 de setembro de 2002 aprobou definitivamente o proxecto de compensación da área de execución número 2 (AE-2) do PERI de Vieiro, promovido pola xunta de compensación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo