Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 15 de xullo de 2002, aprobou o proxecto de compensación da unidade de actuación número 1 (UA-1), subunidade 2 (UA-1.2) do Plan especial de reforma interior número 3 (PERI-3) de Santa Marta, promovido por Promociones José Otero, S.L.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo