Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 11 de setembro de 2002 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254) outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG número 235) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Carlos e José Eiras Barreiro, cunha superficie de 2.173,50 metros cadrados.

Por Orde do 31 de maio de 1978, (BOE número 164) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Crespo, Rivas y Varela, S.L., cunha superficie de 2.357,50 metros cadrados.

Por Orde do 29 de xullo de 1985, (DOG número 153) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Joaquín Crespo Varela, cunha superficie de 1.870 metros cadrados.

Segundo.-Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente

execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro.-Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

60JOSE REY MANEIRO216

108JOAQUINA BALTAR TEIJEIRO120

153Mª DEL CARMEN ARAUJO NUÑEZ272

224FLORA RIOS DEL RIO32

297LAUREANO NUÑEZ LINARES64

344CARMEN CERQUEIRAS DEL RIO45

412CARMEN CERQUEIRAS DEL RIO54

515Mª LUISA CONDE MANEIRO74

563CARLOS RIVAS FERNANDEZ70

623DOLORES DIOS RIAL376

644LAUREANO NUÑEZ LINARES93

645LAUREANO NUÑEZ LINARES83

657ANTONIO FERNANDEZ SANTOS168

798ELVIRA MILLAN RODRIGUEZ381

802ANTONIO BARREIRO CASTAÑO518

902SALUSTIANO DAVILA LAMON1.101

914CARLOS ALFONSO LEMA254

916CARLOS ALFONSO LEMA20

920RAMON REY TORRADO182

927JOAQUIN OLIVEIRA ALMEIDA810

929CONSTANTINO PEREIRA VIGO754

931MARIA GONZALEZ FERNANDEZ1.081

932RAMON BOUZAS CARBALLO563

933MANUEL DIOS MARQUEZ205

934JOSE LUIS REY SANMARTIN517

2. Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG número 235) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Carlos e José Eiras Barreiro, cunha superficie de 2.173,50 metros cadrados.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

EXP. 5454CARLOS E JOSE EIRAS BARREIRO2.173,50

3. Orde do 31 de maio de 1978, (DOG número 164) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Crespo, Rivas y Varela, S.L. cunha superficie de 2.357,50 metros cadrados.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

EXP. 9059CRESPO, RIVAS Y VARELA, S.L.2.357,50

4. Orde do 29 de xullo de 1985, (DOG número 153) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Joaquín Crespo Varela, cunha superficie de 1.870 metros cadrados.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

EXP. 5461JOAQUIN CRESPO VARELA1.870