Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Álabe-Montemaior Sur, no concello de Abadín (Lugo), promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A.

En cumprimento do disposto no artígo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 26 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Álabe-Montemaior Sur, no concello de Abadín (Lugo), promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

* Parque eólico Álabe-Montemaior Sur. Proxecto. Xullo 2000,

* Parque eólico Álabe-Montemaior Sur. Estudio de impacto ambiental. Agosto 2000,

* Estudio de accesos. Parques eólicos 1ª, 2ª, 3ª e 4ª fase,

* Estudio valorativo dos posibles impactos acumulativos ou sinérxicos,

* Estudio de impacto arqueolóxico do parque eólico Álabe-Montemaior Sur. Addenda informe final,

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque eólico Álabe-Montemaior Sur, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 18 MW de potencia total no

concello de Abadín (Lugo), constituído por 24 aeroxeradores modelo NEG-MICON NM 750/44-48 de 750 kW de potencia unitaria, que se localizarán na Serra do Xistral, dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

6221794811220

6221694811124

6225704810694

6225054810207

6218054810415

6217654810845

6208504811055

6208054810350

6204904810377

6204954810755

6193054810865

6193054811320

6204954811275

6205904811580

6193804812000

6204654812000

6208904811530

Atendendo ó exposto no punto 7 desta DIA, os aeroxeradores MS-1320, MS-1321, MS-1322, MS-1323 e MS-1324 da zona de importancia arqueolóxica denominada Pena Vella e MS-1301 e MS-1302 da zona Penedos Oeste deberán ser eliminados, debido á súa incompatibilidade coa conservación do patrimonio cultural da zona, polo que o parque eólico quedará constituído por 17 dos 24 aeroxeradores proxectados, cunha potencia total instalada de 12,75 MW.

Asemade, a única obra que se pode realizar na zona Pena Vella é o vial de acceso ós aeroxeradores MS-1316 ó MS-1319 por compactación e reducindo o seu largo ó mínimo posible. Na zona Penedos Oeste poderá construírse o vial de acceso desprazado ó sur. A situación destes viais recóllese no plano Parque de Montemaior sur. Planta xeral. Código: 1MSACC0012 do documento estudio de impacto arqueolóxico do parque eólico Álabe-Montemaior Sur. Addenda Informe final.

Tendo en conta o indicado no punto 6.3 desta DIA, a plataforma do aeroxerador MS-1313 deberá desprazarse ata non afecta-la turbeira mineralotrófica de val, o vial denominado MS-2D, de acceso ó aeroxerador MS-1307 deberá desprazarse ata non afecta-la mineralotrófica de val e o vial denominado MS-23 deberá desprazarse ata non afecta-la turbeira de alveolo e realizarse por compactación.

Respecto das restantes infraestructuras e instalacións do parque, dado que a localización prevista podería variar á vista dos resultados da documentación requirida nos puntos 11.2 e 11.3 da DIA, a localización proxectada ten carácter provisional, establecéndose

con carácter definitivo, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a citada documentación.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos Parque de Montemaior Sur. Planta xeral. 1MSACC0012, do documento titulado Estudio de impacto arqueolóxico do parque de Montemaior Sur. Addenda informe final, agás para o que se derive do cumprimento do indicado nos parágrafos anteriores.

As coordenadas UTM dos 17 aeroxeradores con posicións definidas, con carácter provisional tendo en conta o antedito, son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

MS-1303621.0434.811.236

MS-1304621.1684.811.236

MS-1305621.2804.811.178

MS-1306621.5364.811.218

MS-1307621.6774.811.202

MS-1308621.7714.811.077

MS-1309621.8924.811.034

MS-1310622.1804.811.110

MS-1311621.9374.810.708

MS-1312622.0524.810.643

MS-1313622.1404.810.512

MS-1314622.2924.810.463

MS-1315622.3764.810.378

MS-1316619.5014.811.092

MS-1317619.6764.811.114

MS-1318619.7904.811.078

MS-1319619.9054.811.040

2. Protección da atmósfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Durante a fase de obras procederase, nos períodos de seca, á humectación continua dos viais e das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evita-lo levantamento excesivo de po. Así mesmo, os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, debendo presentarse un novo plan de control do nivel de ruído no que se indique a periodicidade das medicións e que ademais das estacións indicadas incluirá medicións nos núcleos de poboación dos Agros, Currobedo, As Trandeiras,

Basilias e Calvo, de acordo co requirido no punto 11.5 da DIA.

3. Protección das autas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización de Augas de Galicia, segundo se establece no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, debendo axustarse ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

Realizarase un exhaustivo control do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe (tanto transversais como lonxitudinais) e das condicións de incorporación das augas á rede natural, co fin de comprobar que non se producen alteracións no réxime hídrico preexistente e verifica-la eficacia das medidas correctoras adoptadas, tanto as indicadas no estudio ambiental como as derivadas desta declaración.

A achega das augas das drenaxes transversais e lonxitudinais á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía á súa saída, co fin de evitar erosións, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas ós cursos naturais. O plan de vixilancia incluirá o control da aparición destes fenómenos.

Extremaranse as precaucións na execución das obras nas zonas de afección potencial á rede hidrolóxica, tanto directas como indirectas, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias e contando durante a súa realización coa supervisión directa do equipo de seguimento ambiental do proxecto.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e terraplén resultantes da execución dos viais, así como das plataformas de montaxe, cunetas, zona da subestación e centros de media tensión, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume e policía dos cursos fluviais e áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulte afectada, tanto na fase de obras como na de funcionamento levarase a cabo o plan de control da calidade das augas proposto no estudio ambiental.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

Procederase á delimitación das distintas zonas de obra mediante o seu balizamento, que deberá manterse en perfecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen.

Para calquera modificación que fose necesario introducir no proxecto, independentemente da súa causa, rexerá o indicado no punto 13.4 da presente declaración.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento.

A circulación de vehículos e maquinaria de obra no parque restrinxirase ós viais e zonas acondicionadas para o efecto.

Na realización das voaduras disporanse os medios materiais necesarios (redes, mallas, lonas...) que impidan a proxección de fragmentos de rocha ó contorno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén, tendo en conta que se trala finalización das obras existise material sobrante das escavacións, será retirado e depositado en lugar autorizado por órgano competente. Asemade, no caso de precisar materiais de préstamo, deberá acreditarse previamente a súa procedencia, indicando a localización, extensión, volume e condicións de restauración do préstamo para efectuar.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e lonxe de calquera curso de auga, zona hidromorfa ou área de protección arqueolóxica, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 11.4 desta DIA.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán,

en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de perdas accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles verteduras.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

Mentres non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse na caseta anexa á subestación.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores, tanto deste parque como os do seu contorno.

A tal fin, levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudio ambiental, que deberá ser completado conforme o requirido no punto 11.7 da DIA, así como unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna dos parques contemplados no documento Estudio valorativo dos posibles impactos acumulativos ou sinérxicos.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arborado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira rexerá o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002, da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder a súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes no polígono do parque, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Con este obxectivo, e tendo en conta o cumprimento da premisa exposta no parágrafo anterior para a selección dos novos lugares, deberanse realiza-las seguintes modificacións:

1. O aeroxerador MS-1313, xunto coas súas infraestructuras asociadas, deberá desprazarse ata localizarse fóra da formación de turbeira mineralotrófica de val existente na zona de implantación prevista.

2. O vial denominado MS-2D, de acceso ó aeroxerador MS-1307 deberá desviarase ata non afectar á turbeira mineralotrófica de val sobre a que está proxectado, garantindo deste xeito a súa preservación.

3. O vial denominado MS-23 deberá desviarse ata non afectar á turbeira de alveolo e realizarse por compactación e reducindo o seu largo ó mínimo posible. Asemade, o cableado deberá discorrer baixo o vial, co fin de minora-lo largo de afección á turbeira mineralotrófica de val.

Tendo en conta o indicado, presentarase unha proposta de localización alternativa do aeroxerador MS-1313 e dos viais, segundo o requirido no punto 11.1 da DIA.

En ningún caso se realizarán incisións nas áreas con formacións turberiformes e áreas hidromorfas, evitando a modificación das súas condicións de hidromorfía.

Respecto ás breixeiras húmidas atlánticas presentes no parque, para asegura-lo seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, durante a fase de replanteo e obra, realizarase un seguimento continuo en campo por parte do equipo de seguimento ambiental do proxecto, co obxecto

de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas no estudio ambiental como as establecidas nesta declaración.

As especies vexetais de interese comunitario e prioritarias presentes na zona, como Narcissus triandrus e especies do xénero Sphagnum, non poderán ser afectadas. Para tal fin, deberá presentarse un informe valorativo da posible incidencia das infraestructuras e instalacións sobre as anteditas especies, de acordo co requirido no punto 11.2 da DIA.

A dirección de obra disporá dos planos de distribución dos hábitats de interese comunitario e áreas para preservar, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección. Asemade, estas zonas deberán ser balizadas previamente ó inicio das obras para evitar calquera posible afección.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou na presente declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, quen a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

7. Protección do patrimonio cultural.

Os aeroxeradores MS-1320, MS-1321, MS-1322, MS-1323 e MS-1324 previstos na zona de importancia arqueolóxica denominada Pena Vella e MS-1301 e MS-1302 da zona Penedos Oeste non poderán instalarse debido á súa incompatibilidade coa conservación do patrimonio cultural da zona.

A única obra que se pode realizar na zona Pena Vella é o vial de acceso ós aeroxeradores MS-1316 ó MS-1319 e deberá realizarse por compactación e reducindo o seu largo ó mínimo posible. Na zona Penedos Oeste poderá construírse o vial de acceso desprazado ó sur. A situación destes viais recóllese no plano Parque de Montemaior sur. Planta xeral. Código: 1MSACC0012 do documento Estudio de impacto arqueolóxico do parque eólico Álabe-Montemaior Sur. Addenda informe final.

As obras proxectadas nas zonas de Penedos Oeste, Penedos Este, Coto do Val do Inferno e Tremoal poderanse executar cos seguintes condicionantes:

* Establécese unha cautela efectiva nesta zona, o que supón a exclusión de calquera tipo de acción por parte do proxecto en tanto non teñan lugar actuacións arqueolóxicas que propicien o levantamento da antedita cautela.

* As intervencións arqueolóxicas necesarias para os efectos anteriores son as recollidas no documento Estudio de impacto arqueolóxico do parque eólico Álabe-Montemaior Sur. Addenda informe final, e terán que levarse a cabo previamente ó inicio das obras e os resultados destas actuacións terán que

ser informados favorablemente pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para o levantamento da cautela e posterior inicio das obras.

* Durante a fase de obra e de restitución dos terreos deberá realizarse o control e seguimento arqueolóxico. A tal fin, e previo ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (aquelas obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a paisaxe.

Empregaranse cores pouco rechamantes e tons mate no acabado dos aeroxeradores e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión, así como as de telemando, comunicacións, etcétera, estarán soterradas en gabias, tal como se indica no estudio ambiental.

A caseta de celas anexa á subestación terá a cuberta de tella e o acabado das paredes será de granito, de acordo co indicado no estudio ambiental. Asemade, a cor dos centros de recollida de media tensión deberá integrarse coa do contorno.

Os afloramentos graníticos (bolos, tors, refuxios...) con interese xeomorfolóxico ou botánico existentes na zona deberán ser preservados, tal como se indica no estudio ambiental. Se isto supuxese o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, rexerá o indicado no punto 13.4 desta DIA.

O desenvolvemento do plan de revexetación, conforme avanza a obra, deberá garanti-la integración paisaxística das restantes infraestructuras do parque eólico.

9. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores, deberanse instalar sinalizacións conforme a normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), de tal xeito que indiquen a presencia dos aeroxeradores.

10. Restauración.

Tódalas superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes dos viais, cunetas, gabias do cableado, plataformas de montaxe, contorno da subestación, centros de transformación e das obras de drenaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Asemade, garantirase o seu mantemento ó longo do tempo.

Para tal fin, levarase a cabo o Programa de recuperación de sos e vexetación incluído no estudio ambiental, realizando un seguimento da súa efectividade, tal como se prevé no programa de vixilancia ambiental presentado. Incrementarase a intensidade deste seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.

Os labores de restauración e revexetación realizaranse conforme avanza a obra e as distintas superficies para restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de controla-los fenómenos erosivos, arrastres de materiais e lograr unha meirande integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

En función da súa natureza e características, a capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente á ocupación do terreo, amoreada sen mesturala con outros horizontes e mantida nas condicións sinaladas no plan de restauración.

Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase o estendido de terra vexetal, restrinxíndoo ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.

Ó finaliza-las obras, retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada.

Asemade, o plan de restauración presentado debe ser completado, adaptándoo ó condicionado desta declaración e incluíndo a descrición e valoración económica de tódalas actuacións previstas na fase de desmantelamento e abandono do parque unha vez rematada a vida útil da instalación, tendo en conta os posibles usos futuros da área, deberase engadi-lo orzamento de execución por contrata de acordo co requirido no punto 11.8 desta DIA.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, catro (4) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Proposta de localización alternativa da plataforma do aeroxerador MS-1313 e os viais denominados MS-2D, de acceso ó aeroxerador MS-1307

e MS-23. Na elaboración das propostas prestarase especial atención ós hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario e os elementos do patrimonio cultural.

Incluirase, sen prexuízo de calquera outra documentación ou planos de detalle que se estimen oportunos, un plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflictan as modificacións propostas en relación á situación inicialmente prevista, relativizándoas cos hábitats naturais presentes na área. Xuntarase unha reportaxe fotográfica das novas localizacións, coordenadas UTM do novo lugar do aeroxerador MS-1313 e informe arqueolóxico das modificacións que hai que efectuar.

11.2. Informe valorativo da posible incidencia das infraestructuras e instalacións sobre Narcissus triandrus e especies do xénero Sphagnum, conforme o indicado no punto 6.3.

Incluirá, sen detrimento de calquera outra información, un plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle, con coordenadas UTM, no que se reflicta a localización destas especies respecto das instalacións e infraestructuras do parque, e detalle das medidas protectoras e/ou correctoras precisas para non afectalas.

11.3. Documentación resultante das intervencións arqueolóxicas necesarias nas zonas denominadas Penedos Oeste, Penedos Este, Coto do Val do Inferno e Tremoal, segundo o documento Estudio de impacto arqueolóxico do parque eólico Álabe-Montemaior Sur. Addenda informe final, conforme o indicado no punto 7 da DIA, xunto cunha memoria-resumo onde se detallen os cambios que resulte preciso introducir, se é o caso, na configuración do parque.

Unha vez informada favorablemente por esta dirección xeral a documentación requirida nos puntos anteriores, presentaranse tres (3) exemplares de:

11.4. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, nunha única folla, no que se reflicta a poligonal do parque e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, de acordo co que se derive do cumprimento dos puntos anteriores e tendo en conta o condicionado indicado nesta DIA. Diferenciaranse os viais preexistentes dos de nova construcción, aqueles a acondicionar e tramos por compactación (indicando lonxitude de cada tipo na lenda). Reflictiranse os accesos ó parque, dispositivos de drenaxe transversal e lonxitudinal, elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela e a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e provisión de materiais.

11.5. Addenda ó plan de seguimento do nivel de ruído tendo en conta o indicado no punto 2.2 da DIA, ademais dunha medición do nivel de ruído na fase preoperacional, en tódolos puntos. As medicións deben ser efectuadas por entidade homologada e os informes de resultados deben estar asinados por téc

nico da entidade realizadora da medición. Indicarase a velocidade do vento (máxima, mínima e media) durante o período de medición.

11.6. Resultados da campaña preoperacional de análise da calidade das augas, conforme o plan de control incluído no estudio ambiental. As analíticas serán efectuadas por laboratorio homologado.

11.7. Addenda ó plan de seguimento da incidencia do parque eólico sobre a avifauna, completando os aspectos indicados nas DIA dos parques Álabe-Labrada e Terral e no seu posterior seguimento. A addenda deberá facer especial fincapé no tratamento dos posibles efectos sinérxicos, tanto no referente ó seu seguimento como ás medidas protectoras e/ou correctoras para adoptar ante a manifestación deste tipo de efectos.

11.8. Addenda ó plan de restauración presentado axustado ó condicionado da DIA e que inclúa a descrición e valoración económica de tódalas actuacións previstas para o desmantelamento e abandono do parque, integrada por memoria, planos, prego de condicións e orzamento, que conteña medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

11.9. Addenda ó programa de vixilancia ambiental, na que se desenvolva con detalle o plan de control e vixilancia ambiental proposto no estudio ambiental, tanto na fase de obras como na de funcionamento, especificando os indicadores ambientais, controis para realizar, a súa periodicidade e os limiares que determinarán a existencia dunha posible afección, así como os medios materiais e humanos que se empregarán no seu desenvolvemento.

Preeveranse tódolos factores obxecto de seguimento ambiental que non dispoñan de plans específicos de seguimento. Incluirase unha relación completa das medidas protectoras e correctoras obxecto de seguimento, debidamente desenvolvidas, unha planificación dos labores de vixilancia, acorde co plan de obra, e o desenvolvemento do plan de control de eficacia proposto no estudio ambiental.

11.10. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.11. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe

favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez informado por esta dirección xeral o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo como mínimo 48 horas antes do seu comezo, un cronograma de obras actualizado, contendo tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimiento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e previstas no estudio ambiental e no condicionado da presente declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización e os sucesivos cronogramas virán numerados correlativamente.

Con carácter trimestral, presentarase un informe de obras que inclúa:

b) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición. As medicións serán efectuadas por entidade homologada e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade. Asemade, deberá indicarse a velocidade do vento (máxima, mínima e media) durante o período de medición.

c) Resultados do plan de control da calidade das augas, funcionamento dos dispositivos de drenaxe e condicións de incorporación á rede natural, conforme o indicado no punto 3 desta DIA.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras (control de eficacia), tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración, incidencias ou impre

vistos acontecidos, labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos de obra, protección dos hábitats naturais, etcétera. O informe reflictirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: viais, aeroxeradores, plataformas de montaxe, gabias do cableado, subestación, etcétera.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en marcha da instalación. No prazo máximo de dous (2) meses dende o remate dos traballos, presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Memoria onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), medidas protectoras e correctoras levadas a cabo e resultado destas (control de eficacia), incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación a tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e no condicionado desta declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, subestación, MT, estado dos viais, drenaxes e cunetas, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando asemade as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

12.3. Seguimento ambiental semestral, contando desde o inicio da explotación, durante os dous pri

meiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento no que sexan obtidos. Asemade, deberá indicarse a velocidade do vento (máxima, mínima e media) durante o período de medición.

b) Resultados do control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe, mantemento do réxime hídrico, calidade das augas e condicións de incorporación das augas á rede natural de drenaxe, de acordo co indicado no punto 3 da DIA.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 desta DIA.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados da aplicación do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado dos viais, noiros, drenaxes, cunetas, gabias do cableado e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detalle dos controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas, avaliando o seu resultado. Descrición das posibles incidencias en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

12.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, salvo indicación en contra por parte desta dirección xeral, os contidos do informe requirido no punto anterior.

12.5. Seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos: xunto cos informes de seguimento ambiental, acompañarase un anexo cos resultados do seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos deste parque cos do seu contorno, e a súa valoración para cada un dos factores estudiados, conforme o documento Estudio valorativo dos posibles impactos acumulativos ou sinérxicos, prestando especial atención á avifauna e hábitats protexidos e indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.

12.6. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto na addenda a presentar de acordo co punto 11.8 desta DIA, xunto coa súa xustificación.

12.7. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde a fin das accións

para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten durante o seguimento ambiental que se vai efectuar, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adiconais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa

aceptación, comunicando asemade se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó medio e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade de cincocentos oitenta e seis mil oitocentos sesenta e un con oitenta e tres (586.861,83) euros. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento completo do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 11.8 da presente DIA.

13.6. O órgano ambiental, a iniciativa propia ou a proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera intre e só ós efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluído, se é o caso, o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

13.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa cumprido este trámite.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O proxecto denominado parque eólico Álabe-Montemaior Sur, promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 24 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, no concello de Abadín (Lugo).

Os aeroxeradores distribuiranse en tres agrupacións na Serra do Xistral, no interior do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

* Número de aeroxeradores: 24.

* Modelo: NEG MICON NM 750/44-48.

* Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

* Potencia total instalada: 18 MW.

* Altura das torres: 55 m.

* Diámetro do rotor: 48 m.

* Producción neta anual prevista: 47.209 MWh/ano.

* Investimento previsto: 14.671.545,66 A.

A obra civil inclúe a execución duns 4.724 m e acondicionamento de 450 m de viais de acceso e servicio ós aeroxeradores e de comunicación con outras fases do aproveitamento eólico na zona, cun largo de rodadura de 4 m, pavimentados con dobre tratamento superficial e dotados de cunetas de 0,75 m para a recollida e evacuación de pluviais, que estarán revestidas nos tramos de maior pendente. Prevese a execución de 6.190 m de gabias de conducción do cableado, cun largo máximo de 80 cm e arquetas intermedias de rexistro.

O proxecto prevé asemade a construcción dunha subestación transformadora de tensión 20/132 kV, cunha caseta anexa para as celas de tensión, e catro centros de recollida de media tensión, que conectarán os aeroxeradores entre si en grupos de 5, 9 e 10, co obxecto de optimiza-lo transporte da enerxía xerada. A evacuación da electricidade realizarase a través dunha liña aérea a 132 kV que será obxecto de proxecto independente, segundo se indica no estudio ambiental. Os labores de control realizaranse desde o edificio de control do parque eólico Álabe-Cuadramón, pertencente á mesma empresa promotora.

MEDIDAS PREVENTIVAS E CORRECTORAS

Protección da atmosfera.

* Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.

* Realización dun control das emisións de ruído e introducción dun apantallamento en caso necesario.

Protección do solo.

* Disposición das gabias do cableado paralelas e colindantes ós viais en boa parte do seu percorrido.

* Determinación da situación das instalacións auxiliares de obra utilizando na medida do posible as áreas máis degradadas á vista dun experto.

* Evita-la ocupación das formacións turberiformes e brañas existentes na área do parque eólico ou nas súas proximidades polas instalacións provisionais, así como as chairas de inundación e zonas próximas a fontes ou áreas de captación de auga con contornos de solos hidromorfos.

* En ningún caso se realizará ningún tipo de incisión en áreas coas formacións anteriores, evitando así a modificación das condicións de drenaxe e desecación, de brañas. Os viais que se constrúan sobre as formacións turbosas realizaranse por compactación, empregando xeotéxtil e extensión das capas de saburra.

* Control topográfico dos límites de escavación e reducción do uso de terras de recheo.

* Reducir ó estrictamente necesario o movemento de terras e a ocupación derivada dos labores de obra civil.

* Realiza-los aprovisonamentos de terra vexetal e outros préstamos cunha altura máxima de 1,5 m e con criterios de mantemento que garantan a conservación das súas propiedades, grao de humidade, especialmente dos solos con horizonte H.

* Humectación continua en tempos de seca, tanto dos aprovisionamentos como das zonas de explanación.

* Estabilizar inmediatamente os noiros, terrapléns e materiais mobilizados, empregando mallas para evitar desprazamentos.

* Minimiza-la superficie ocupada polas instalacións necesarias durante esta fase.

* Preserva-los afloramentos rochosos con interese xeomorfolóxico ou botánico.

* Adecua-la superficie de ocupación das plataformas eólicas á topografía da zona, e reducir na medida do posible a dita superficie, evitando o sobredimensionamento e aproveitando os viais existentes e os de nova construcción.

* Minimiza-la compactación tanto nas plataformas eólicas como nas zonas non ocupadas directamente polas instalacións, pero que poidan ser empregadas para a manobra da maquinaria.

* Controla-lo diámetro de perforación nas voaduras e evita-lo sobredimensionamento.

* Revexetación de tódalas zonas desprovistas de vexetación, incluíndo noiros pedregosos.

* Control e vixilancia continuado durante a fase de obras, especialmente durante a apertura de viais, construcción das zapatas e instalación dos aeroxeradores. Plan de recuperación de solos e vexetación.

* Control de eficacia das medidas correctoras adoptadas. No caso de que durante a fase de construcción se comprobase a existencia de formacións que requirisen especial preservación, procederase ó replanteo dos labores de execución de obra civil.

* Acondicionamento e rehabilitación das zonas afectadas, redistribuíndo os aprovisionamentos procedentes dos movementos de terras, recuperación da morfoloxía superficial, acabado e sustentación de terrapléns e noiros. Plan de recuperación de solos e vexetación.

* Na fase de abandono, retirada dos aeroxeradores, cerramento da subestación, centros de media tensión e toda a aparellaxe eléctrica: inutiliza-lo cableado soterrado, e acondicionamento e rehabilitación de tódalas zonas que fosen afectadas polos labores de desmantelamento da instalación.

Protección da rede hidrolóxica

* Preserva-las formacións de turbeira existentes no polígono do parque ou nas súas proximidades e as augas dos cursos hidrográficos, adoptando as medidas correctoras recollidas para o tratamento dos solos.

* Instalaranse trampas de sedimentos ou mallas para controla-la escorrega, reducirase ó mínimo o uso de materiais de recheo e construiranse cunetas amplas.

* Evitar no posible as afeccións a leitos superficiais, restituíndo a achega de caudais ás vertentes orixinais, evitando a aparición de canles de drenaxe.

Protección da vexetación.

* Mante-lo hábitat existente, reducindo de forma sistemática o grao de ocupación e compactación derivado de calquera obra civil.

* Emprego de técnicas adecuadas de roza da vexetación, que favorezan a revexetación polas especies da zona nas áreas afectadas polas obras.

* Aínda que as instalacións do proxecto non modifican substancialmente as formacións de vexetación de maior valor da zona, deberán terse en conta as medidas correctoras propostas para o solo, co fin de evitar efectos indirectos non desexados.

* Durante a fase inicial do plan de vixilancia levaríase a cabo un recoñecemento de detalle de evolución estacional das especies e comunidades de interese, co fin de afina-la eficacia das medidas correctoras propostas e evita-los efectos das accións de proxecto que puideran transformalas.

Protección da fauna.

* Deseño das torres e pas dos aeroxeradores de xeito que diminúan a posibilidade de colisión de aves. Tecnoloxía de control e funcionamento para evita-los episodios de colisión.

* No caso de detectarse un elevado número de colisións, atrasarase a entrada en funcionamento dos aeroxeradores máis conflictivos.

* Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna.

Sobre a paisaxe.

* Acabado da subestación adecuado á tipoloxía arquitectónica da zona.

* Aproveitamento de viais existentes na medida do posible.

* Medidas no deseño dos aeroxeradores (diminuí-la seccións das pás, torres de baixa solidez e empregar cores pouco rechamantes no seu acabado, de tons mate.

ANEXO II

RESUMO DOS INFORMES

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite dous informes:

Con data 31 de xullo de 2001 informa desfavorablemente o Estudio de impacto ambiental do parque eólico de Álabe-Montemaior Sur, por ser incompatible coa conservación e protección do patrimonio cultural da zona.

Con data 31 de xullo de 2002, á vista do documento titulado estudio de impacto arqueolóxico do parque eólico Álabe-Montemaior sur. Addenda informe final emite informe favorable, cos seguintes condicionantes:

* Zona Pena Vella. Establécese unha área de exclusión nesta zona que implica a non construcción dos aeroxeradores MS-1320, MS-1321, MS-1322, MS-1323 e MS-1324. A única obra que poderá realizarse nesta zona é o redeseño do vial de acceso entre os aeroxeradores MS-1316 e MS-1319, que se realizará por compactación e reducindo o seu largo ó mínimo posible.

* Zona Penedos Oeste. Establécese unha área de exclusión nesta zona que implica a non construcción dos aeroxeradores MS-1301 e MS-1302. Asemade o vial de acceso desprazarase cara ó sur, de acordo coa cartografía da documentación adicional.

* As obras proxectadas nas zonas Penedos Oeste, Penedos Leste, Coto do Val do Infierno e Tremoal poderanse executar cos seguintes condicionantes:

1. Establecer unha cautela efectiva nesta zona, o que supón a exclusión de calquera tipo de acción por parte do proxecto mentres non teñan lugar actuacións arqueolóxicas que propicien o levantamento da antedita cautela.

2. As intervencións arqueolóxicas necesarias son as recollidas na páxina 4 do documento Estudio de impacto arqueolóxico do parque eólico Álabe-Montemaior sur. Addenda informe final, no que se sinala que os traballos arqueolóxicos terán que levarse a cabo previamente ó inicio das obras, e que os resultados deles terán que ser informados favorablemente pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, para o levantamento da cautela e posterior inicio das obras.

* Durante a fase de obra e de restitución dos terreos deberá realizarse o control e seguimento arqueolóxico. Para tal fin, e previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite dous informes.

No primeiro, sobre o estudio ambiental no que, tras efectuar unha breve descrición do proxecto avaliado, indica as seguintes consideracións:

As instalacións e infraestructuras do proxecto enclávanse na proposta de LIC denominada Serra do Xistral. Este espacio atópase, na actualidade, no rexistro xeral de espacios naturais en réxime de protección xeral, establecido así na Orde do 28 de outubro de 1999, prorrogada na Orde do 7 de novembro de 2000. Esta inclusión produciuse como consecuencia de ser unha zona onde se enclavan importantes valores ambientais, así establecidos na Directiva Hábitat, 92/43/CEE e a Directiva Aves, 79/409/CEE, así como nas trasposicións destas á lexislación nacional.

O presente proxecto, en caso de executarse, xerará unha afección a algunhas das formacións vexetais e dos hábitats que serviron para incluí-lo espacio no citado rexistro. Afección que se produce como consecuencia da ocupación do solo con elementos permanentes (zapatas dos aeroxeradores, foxos do cableado, pistas ...). En concreto, e de acordo co estudio presentado, temos que: os aeroxeradores que van do nº MS-1316 a MS-1324 afectarían o hábitat prioritario correspondente coas breixeiras húmidas atlánticas meridionais con Erica ciliaris e Erica tetralix; o restante dos aeroxeradores afectarían a unha formación degradada do hábitat anterior, e a hábitats de interese comunitario do tipo de breixeiras secas e de vexetación pioneira sobre rochas silíceas (obsérvense os mapas de hábitats que completan

o estudio ambiental). Se ben na afección dos hábitats só se fixo referencia os aeroxeradores debe sobreentenderse esta afección a aquelas infraestructuras e instalacións que van asociados os aeroxeradores (pistas, foxos de cableado, plataformas de montaxe...).

En todo caso, os aeroxeradores deberán distribuírse sobre as áreas máis degradadas, de forma que non se comprometa o mantemento ou restablecemento dos hábitats referidos nun estado de conservación favorable. Conservación que reviste unha meirande fraxilidade naqueles hábitats ligados fortemente á dinámica hídrica (breixeiras húmidas e turbeiras).

Concretando os aspectos anteriores os autores do estudio valoran as breixeiras húmidas como formacións vexetais con óptimas condicións de viabilidade e excelente vigor, por tanto prognostican que as instalacións previstas sobre esta formación poden executarse sen temor a mingua-la súa calidade e a súa extensión. De todos modos, as condicións valoradas e prognosticadas no estudio ambiental deberán manterse e reafirmarse durante a fase de replanteo e execución do proxecto, manténdose, ademais e en calquera caso, as condicións de mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable do hábitat.

As turbeiras presentan un grao de fraxilidade moi alto a calquera alteración do réxime hídrico existente. Para estes hábitats deberá extremarse calquera tipo de afección que comprometa o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable; polo que se estima pertinente que se estudie a posibilidade de eliminar calquera afección a estes hábitats, buscando alternativas que os eviten, manténdose o cumprimento da premisa proposta.

Se ben ó longo dos parágrafos anteriores fíxose fincapé na afección introducida pola colocación dos aeroxeradores, debe facerse extensivo ás demais instalacións e infraestructuras que lles fan acompañamento.

No estudio ambiental inventaríase o Narcissus triandrus, que é un endemismo que require protección estricta; atopámonos ademais con especies do xénero Sphagnum, que presentan distintos rangos de protección. Nembargantes non se cartografan ou se localizan con respecto ás actuacións previstas, polo cal e a priori estamos fronte a outro dos valores naturais para protexer que poden ser afectados.

Por outro lado, hai unha serie de aves de elevado valor ecolóxico, así recoñecido en diversas lexislacións tanto nacionais como en directivas europeas. Estas aves, como consecuencia da situación con proxecto, sofren unha posible afección traducible nunha mingua das súas poboacións ou incluso na súa desaparición. Afección que pode ser debida ó efecto baleiro do parque, á colisión das aves cos aeroxeradores e á colisión ou electrocución coa liña de alta tensión (non prevista no estudio). É destacable que o hábitat prioritario presente na área

é dos máis importantes para a conservación das aves, dentro delas as anteriores.

En relación coa documentación presentada, cabe indicar que só aparece unha sinatura na carátula, carecendo de rúbricas tanto o texto como a información gráfica que se inclúe nel. Polo que respecta á documentación gráfica, aparece unha pluralidade de supostas procedencias e, dada a carencia absoluta de sinaturas, aparentemente non existe responsable ningún sobre o contido e veracidade da devandita información.

Ademais das afeccións e posibles afeccións atrás expostas, detectáronse outros aspectos que revisten importancia, independentemente da figura de protección. A continuación expoñemos estes aspectos:

1. En relación ás aves, é de resalta-las contradiccións entre os distintos epígrafes do estudio ambiental e o anexo específico de aves, estimándose como válido o anexo, sempre que non haxa unha manifestación en contra. No referente ó plan de seguimento, vai presentar un resgo de grande importancia por non considera-la liña de evacuación e a presencia doutros parques no contorno. A consideración dos efectos sinérxicos na zona estímase viable, ademais de fundamental para reduci-los erros nos resultados finais. A súa viabilidade baséase fundamentalmente en que tódolos estudios ambientais dos parques eólicos na área de influencia do parque foron feitos polo mesmo equipo de profesionais, co cal as posibilidades de coodinación son máximas. Na estimación da mortandade deben corrixirse os erros intrínsecos das mostraxes, debidos ó observador, efecto do sitio e do hábitat, desaparición de cadáveres por necrófagos, e efectos debidos ó obxecto de estudio, as aves.

En relación ós limiares de alerta, acoutaranse cunha metodoloxía rigorosa, explícita e susceptible de comparación, con criterios cuantitativos e cualitativos, co fin de determina-la adopción das medidas oportunas, como pode se-la estipulación dun período de parada dos aeroxeradores por mortandade temporal de aves. En definitiva, deberíanse integra-lo conxunto dos plans de vixilancia, así como os resultados e as medidas desprendidas deles nun plan xeral que abarque o conxunto dos parques na Serra do Xistral, xustificando a viabilidade e necesidade desta proposta por tratarse dun espacio con hábitats fundamentais para as aves, que o equipo que se encargou do estudio ambiental e do de aves é o mesmo, que a integración nun plan xenérico reduciría os custos e que os resultados finais terían unha calidade moi superior, podendo determinar medidas máis rigorosas con base nestes.

2. É de subliña-la grande discrepancia existente entre os diferentes planos achegados nos que se reflicten as zonas de turbeiras presentes na área do parque, en canto a localización, tipo, forma e tamaño, debendo presentarse información que non presente contradiccións.

3. Outro aspecto relevante que non se considera no estudio é o relativo ó trazado e afección da liña de evacuación da enerxía xerada. Debemos ter en conta que a consideración en dúas fases minimiza os posibles efectos sinérxicos negativos, desviándose a información do estudio. Outros aspectos xeradores de sinerxias, non considerados no estudio ambiental, son a presencia na área de máis proxectos de parques eólicos e liñas de alta tensión.

4. Se ben se fai referencia clara ós dispositivos para colocar nas valgadas e talwegs, óbvianse os dispositivos de drenaxe artificial, lonxitudinal e transversal (gabias e bueiros). Débese ter en conta estes dispositivos, xa que un dos problemas xerados polos viais é a alteración das condicións hidrolóxicas das bacías colectoras. Farase polo tanto un deseño e construcción da rede de drenaxe artificial que recolla estas cuestións, implementando ademais os dispositivos de protección precisos.

5. Para evita-la posible afección ós cursos fluviais, deben adoptarse as medidas precisas para evitar-la vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullos, aceites...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para iso o considerado na lexislación vixente. En relación co tema terase en conta:

-Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorregas ou crecidas do caudal.

-Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

-Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

-Vixiarase con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes das pistas, tomándose as medidas oportunas para solventar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia durante a vida do parque.

6. As medidas correctoras e protectoras deben quedar definidas a nivel executable, incluíndose nos correspondentes cronogramas e programándose dentro do plan de obra, tendo en conta que a integración ambiental non é un tema menor subordinado á funcionalidade da obra, antes ben o medio é anterior á actuación e é esta a que debe subordinarse a aquel. Asemade, deben establecerse os custos e as medidas de xestión correspondentes.

Apréciase como fundamental o posible impacto negativo sobre as aves, debendo polo tanto completarse o estudio de avifauna, indicando zonas de nidificación, áreas de campeo, sen por isto obvia-los aspectos para completar no plan de seguimento de aves, sendo crucial as medidas que se adopten en función dos limiares críticos, entre eles a parada

dos aeroxeradores en caso de mortandades significativas.

En relación co estudio valorativo dos posibles efectos sinérxicos indican, entre outras cuestións, que debería abranguer a tódolos promotores e tódalas actuacións na Serra do Xistral e que sen detrimento da presentación dos resultados dos plans de vixilancia de avifauna individuais de cada proxecto, deberá ofrecerse unha visión integral da evolución do conxunto do espacio natural, resaltando a importancia do tema das aves.

No referente ó estudio conxunto de accesos, indica, con carácter xeral para tódolos parques, a necesidade de efectua-lo oportuno mantemento dos sistemas de drenaxe, con especial atención ós procesos erosivos, de asolagamento ou contaminación. Tamén se vixiarán e manterán en condicións óptimas as áreas revexetadas, tanto nos de nova construcción como aqueles para acondicionar. Teranse en conta tamén os criterios de minimización do movemento de terras, ocupación do solo e uso de xeotéxtiles.

No segundo informe, sobre o documento titulado Estudio de impacto arqueolóxico do parque eólico Álabe-Montemaior Sur. Addenda informe final, indica as seguintes consideracións:

O novo trazado presentado, en substitución dun tramo anteriormente proxectado, non ten por qué supor un incremento negativo do impacto, nembargantes a falta de información ambiental específica imposibilita facer unha valoración definitiva. Con este motivo expoñémo-la necesidade de asegurar que non se van afectar formacións turbosas.

Nembargantes, dado o pequeno trazado que presenta indeterminación, propoñemos que as obras poderán efectuarse tal e como se indican, sempre que non se afecten ás turbas, en todo caso, previamente á realización das obras delimitaranse no terreo as áreas de traballo. Subliñar que no suposto de existi-la posibilidade de afección a sistemas turbófilos, deberán presentarse alternativas ó trazado actualmente proposto.

Expoñemos, finalmente, a necesidade de adopta-los criterios subliñados neste informe, non esquecendo as indicacións feitas nos nosos informes anteriores, estando vixente para o non considerado neste.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística do proxecto, que inclúe os seguintes puntos: consideracións previas, localización, descrición e características do territorio afectado (aspectos naturais, socioeconómicos e culturais da Serra do Xistral), características das instalacións

propostas, principios normativos nos que se base o informe e valoración da incidencia turístico-ambiental do proxecto.

No epígrafe de conclusións indican, para o presente proxecto, que nun principio habería que considera-la súa incidencia desfavorable, baseándose nos posibles impactos sobre o medio físico, solo, rede hidrográfica, medio biótico, fauna e paisaxe, indicando que en todo caso, o interese turístico destes enclaves deriva, exclusivamente, do valor intrínseco do medio natural, polo que somete as súas consideracións ó criterio específico da unidade administrativa competente na materia.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental, que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial de actuación.

-Impacto causado pola ocupación do terreo.

-Residuos.

-Flora e fauna.

-Impacto visual.

-Urbanismo.

-Programa de vixilancia ambiental.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición das unidades de coñecemento na zona do parque e un resumo das características do proxecto avaliado, acompañado do seguinte condicionado:

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallos neles, no caso de que estes se producisen, prohibíndose o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construcción nas proximidades dos leitos dos regos afectados.

A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que trala construcción do parque eólico, a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.

Un condicionante básico para entender desta área sería que a futura autorización reflictise que a instalación se axustará ó cumprimento do Plano Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas directrices, en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Se co motivo da realización dalgún acceso ou vial con gabia do cableado se prodúce algún cruzamento cun curso fluvial, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o

Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas 29/1985.

En definitiva, este servicio considera que a instalación do citado parque eólico non produce alteracións importantes en relación coa planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras, durante a fase de construcción e período de explotación, especificadas no presente informe.

Non obstante, faise indispensable unha correcta execución dos viais, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica da zona sexa mínima, evitando sobre todo a vertedura accidental de substancias contaminantes.

No caso de que as características deste parque eólico precisasen do uso regular de auga para o seu normal funcionamento, tanto na fase de construcción e montaxe como na de explotación, ou ben se producisen verteduras ou captacións á rede hidrolóxica, ou cruzamentos da rede fluvial, será necesaria a obtención, por parte do explotador, da preceptiva autorización de verteduras, de captación de auga ou cruzamento, que se tramitará, en aplicación da lexislación vixente, a ante o organismo Augas de Galicia.