Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

A Comisión de Goberno do concello, en sesión ordinaria celebrada o día dezaseis de xullo de dous mil dous, aprobou inicialmente o proxecto de dotación de servicios en rúa Transversal na rúa Calvo Sotelo e Camiño de Mendrós, promovido por este concello e redactado por Monsa Urbanismo.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación oficial, mediante o cal, os interesados poderán consulta-lo expediente e formularen por escrito as alegacións que xulguen pertinentes.

Sarria, 18 de outubro de 2002.

Claudio Melquiades Garrido Martínez

Alcalde