Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

EDICTO.

No BOP da Coruña nº 245, do día 25 de outubro de 2002, publícanse integramente as bases das con

vocatorias realizadas por este concello, para cubri-las prazas que de seguido se indican:

-1 praza de cabo da policía local por promoción interna por concurso (funcionario de carreira do grupo D).

-1 praza de auxiliar administrativo de Administración xeral (funcionario de carreira do grupo D) mediante oposición libre.

-1 praza de auxiliar administrativo (persoal laboral fixo do grupo D) mediante oposición libre.

-1 praza de dinamizador cultural (persoal laboral fixo do grupo D) mediante oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Santa Comba, 25 de outubro de 2002.

José Toja Parajó

Alcalde