Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-123/2002, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes cita

da, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 26 de agosto de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: nº P-123/2002.

Denunciado: José Luis Rodríguez Fernández.

DNI: 33861390-P.

Enderezo: r/ Carrero Blanco, nº 99-2º E, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial no río Miño, tramo de pesca sen morte, tendo capturado un ciprínido. Feitos constatados o día 19-5-2002, ás 21 h, en Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: leve.

Sanción: 30,05 euros.

Indemnización por danos e perdas de 1,20 euros.