Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-41/2002, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento san

cionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 19 de agosto de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: nº P-41/2002.

Denunciado: Ricardo Alfonso Serentill Serrano.

DNI: 46561503-G.

Enderezo: r/ Rambla Joseph Tarradellas, nº 2-1º 5 p, Granollers, Barcelona.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial no río Miño, tramo de pesca sen morte utilizando cebo natural (verme para peixe), sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor. Feitos constatados o día 24-3-2002, ás 9.45 h, en Cuíña, Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.1º e 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.