Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación de Pazos de Borbén, no termo municipal de Pazos de Borbén, provincia de Pontevedra. (Expediente IN407A 02/188-4).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, 15707 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 9 de maio de 2002 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Unha posición de liña para 220 kV saída Atios. Dúas posicións para 132 kV saídas Mos e Atios.

Aparamenta eléctrica sistemas de control, protección, etc.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública mediante Resolución do 21 de maio de 2002, publicada no DOG do 12 de xuño, no BOP de Pontevedra do 27 de xuño e na Delegación Provincial de Pontevedra.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período no que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la ampliación da subestación de Pazos de Borbén no termo municipal de Pazos de Borbén (Pontevedra).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas