Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/288).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.I. e R.B.T. Os Piñeiros.

Situación: Malpica de Bergantiños.

Descricións técnicas: liña eléctrica con media tensión subterránea a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 685 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Seaia e final no C.T.C. cruzamento Seaia.

Acometida en media tensión aérea desde a liña Ponteceso-Corme, con conductor LA-56 e transformador intemperie de 50 kVA, nos Piñeiros e con tensións de 15/0,380-0,220 kV, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 380 m que se conecta á rede existente. Concello de Malpica de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña