Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 04 de novembro de 2002 Páx. 15.460

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 296/2002, do 31 de outubro, polo que se acepta o cambio de titularidade a favor da Comunidade Autónoma de Galicia da estrada provincial da Lanzada a San Vicente, sita no termo municipal do Grove.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou, en sesión ordinaria con data do 27 de setembro de 2002, o expediente de cambio de titularidade a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, da estrada provincial que vai desde A Lanzada ata San Vicente (sita no termo municipal do Grove); facultando ó mesmo tempo ó presidente da deputación provincial para a sinatura do acordo que con tal fin se elabore.

Con data do 24 de outubro de 2002 asinouse o acordo de cambio de titularidade da mencionada estrada entre o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei de estradas autonómica 4/1994, do 14 de setembro, tralo acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de outubro de dous mil dos

DISPÓN:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia da estrada provincial EP-9104 A Lanzada - San Vicente, sita no termo municipal do Grove, que ten unha lonxitude de 5,2 km con orixe no p.k. 0+000 da rotonda do istmo da Lanzada, na estrada C-550 Fisterra-Tui pola costa, e final no p.k. 5+200 lugar de San Vicente.

Artigo 2º

A estrada incorporarase á relación de estradas de titularidade autonómica como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. A aprobación da dita relación farase conforme o Plan de Estradas.

A mencionada estrada estará catalogada funcionalmente dentro da categoría da rede primaria complementaria e pasará a denominarse PO-317: A Lanzada-San Vicente.

Artigo 3º

Correspóndelle á Xunta de Galicia, a partir da formalización da entrega tódalas actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Artigo 4º

De acordo cos artigos 78 e 79 da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 150 a 152 do seu regulamento, a estrada deberase incorporar ó inventario xeral de bens da Comunidade Autónoma, quedando adscrita á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Disposición derradeira

Facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dicta-los actos que sexan precisos para a efectividade deste decreto.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de outubro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Xosé Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO