Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 4 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador (PESAN1 2001/000808-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se citan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se establezca, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido están á disposición dos interesados na Delegación Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000808-5.

Denunciado: Mª del Carmen Barciela Silva.

DNI: 35271627T.

Enderezo: avda. Salgueirón, 8-1º D, Cangas.

Precepto infrinxido: 6.12º.

Sanción: 246,41 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial o documento de ingreso correspondente.

Vigo, 4 de outubro de 2002.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS